domingo, 17 de febrero de 2019

ACTIVIDADE PARA O DÍA DOS NAMORADOS

Este ano para festexar o Día dos Namorados realizamos a actividade "Dillo con versos". Desta forma, aproveitamos a efeméride para que o alumnado ou profesorado que tivese algo que dicir o fixese a través dun poema.
Da entrega dos poemas encargáronse as "nosas cupido" particulares, Yolanda e Teresa. Deixamos imaxes da actividade.


PELOS NA LINGUA

O título desta entrada é "PELOS NA LINGUA", título da obra de teatro que o alumnado de 1º e 2 de ESO fomos ver o pasado 12 de febreiro ao Salón Teatro de Santiago de Compostela.
A obra trata a situación da lingua galega na actualidade dunha forma crítica e en clave de humor.
Enlazamos o trailer á mesma!!!


martes, 5 de febrero de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado 30 de xaneiro conmemorouse o  "Día Internacional da non violencia e a paz". No noso caso traballámolo ao longo de toda a semana e, como no noso país, non hai tanto, sufrimos unha Guerra Civil, pensamos que tiñamos que escoitar experiencias reais da nosa contorna que nos fixeran reflexionar sobre as consecuencias dun conflicto desta magnitude.
Así que comezamos as actividades invitando ao noso alumnado a que entrevistara aos maiores da casa, ou veciñanza, para que lles relataran as súas experiencias na guerra ou posguerra. Temos que dicir que fixeron un traballo espectacular!!!! 
Ao mesmo tempo, ao longo da semana, entre todos os membros do centro elaboramos un mural que presidira a entrada ao colexio. 
Finalmente, o venres tivemos a actividade central da efeméride cun encontro con dous veciños, Matilde e Manuel,  que aceptaron a invitación do centro para compartir as súas vivencias na posguerra. A conclusión á que chegamos foi moi clara, ninguén desexa unha guerra e nunca debe de ser a solución a un conflicto,  e as súas consecuencias son devastadoras: dor, fame, medo... 
Deixamos algunha imaxes tomadas durante a semana das diferentes actividades.













miércoles, 23 de enero de 2019

FESTIVAL DE NADAL

Como todos os anos o Festival de Nadal o celebramos o último día de clase antes das vacacións. O Equipo de Biblioteca e EDNL colaborou na decoración do centro coa axuda de todo o alumnado.
Entre as diferentes actuacións: panxoliñas, bailes, etc., destacamos a aportación de 1º de ESO que leu un poema que fala da tolerancia.  Deixamos algunhas imaxes da decoración do centro nesta festividade.


domingo, 20 de enero de 2019

ALMANAQUE 2019

Este ano o noso almanaque contou coa colaboración de toda a Comunidade Educativa que, baixo a temática da diversidade, quixo reflexar que a natureza é un exemplo da diversidade do mundo.



LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

Igual que todos os anos, a Biblioteca e o equipo de Dinamización Lingüística, realizaron unha selección de lecturas que recomendaron ás familias para o Nadal.





jueves, 10 de enero de 2019

"A FRONTEIRA INFINDA"

"A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración" é o título  da exposición que fomos visitar, o pasado 11 de decembro, o alumnado de 1º e 3º de ESO á fundación ABANCA de Ferrol. Esta exposición trataba sobre as creacións de diferentes pintores galegos no exilio e como condicionou esta experiencia a súa obra. Puidemos analizar obras de autores de diferentes características como Castelao, Luis Seoane ou Isaac Díaz Pardo.
A visita resultou moi instrutiva xa que a través de pistas tiñamos que construir o contexto do autor, identificar a súa obre e analizala. Na imaxe vese a un dos grupos analizando a súa documentación.


NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro sabedes que se conmemora o "DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO". Este ano decidimos traballalo nas titorías e para recordar a todas as vítimas colocamos uns lazos da cor que identifica esta causa. Por este motivo tamén empregamos esta  cor na redacción. 
Deixamos o enlace a unha canción que nos axuda a recordar que todavía temos moito traballo que facer nesta liña e a un par de imaxes dos nosos lazos reivindicativos. 




 

jueves, 13 de diciembre de 2018

O MAGOSTO

O pasado 16 de  novembro, festexamos o MAGOSTO, esa celebración tan popular da nosa cultura. Como non podía ser menos, organizamos uns xogos para primaria e secundaria e logo degustamos as castañas que xuntamos coa colaboración de todos os membros do centro.
No caso de secundaria as castañas as tomamos no patio facendo unha paréntese entre uns xogos e outros. Foi unha xornada xenial na que o tempo quiso estar ao noso carón e agasallounos cun sol espléndido.
Mirade algunha das imaxes tomadas!!!


jueves, 29 de noviembre de 2018

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Este ano tomámonos moi en serio iso de pasar medo no Samaín e, dúas das profes do centro, Yolanda e Teresa, disfrazáronse de meigas para explicarnos o significado desta festividade e contarnos un conto: "Conto do Samaín" cuxo enlace vos deixamos para que o disfrutedes de novo.
Tamén realizamos un concurso de cabazas que debían reflectir a temática da biblioteca no que participou todo o centro e, o alumnado de secundaria elaborou historias de medo que logo leron aos compañeiros na biblioteca.
Ademais do conto podedes ver unha imaxe do mural da entrada, no que se espetou unha meiga (que faría no noso cole!!!) e algunhas das instantáneas tomadas.