martes, 27 de junio de 2023

Como cambia o conto

 Os Departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá levaron a cabo unha actividade na que se reflexionou sobre o papel da muller nalgúns contos tradicionais.  O alumnado versionou estes contos cambiando o papel feminino e aproveitamos para explorar o mundo do podcast . Velaquí o resultado: se premes en cada un dos contos poderás escoitar as diferentes versións.

Con esta actividade despedímonos ata setembro. É momento de descansar e coller folgos para o vindeiro curso.

BO VERÁN!!! 




miércoles, 21 de junio de 2023

Suxestións para o verán

Tempo de verán e, como non, de lecturas. Aquí vos deixamos algunhas suxestións para estes tempos cálidos. Premendo en cada libro, terás infomación máis completa da obra.


miércoles, 31 de mayo de 2023

Información turística








En colaboración co Departamento de Lingua Castelá, o alumnado de 3º da ESO elaborou unha serie de folletos turísticos de Boimorto e a súa contorna. Coñeces a beleza destas paisaxes?


Hecho con Padlet

martes, 30 de mayo de 2023

Última xornada coas colaboradoras

 Hoxe tivemos a última xornada coas colaboradoras da biblioteca e quixemos agasallalas cun aperitivo. Moitas grazas, rapazas!! Sen vós, non sería o mesmo. Esperamos que repitades para o curso que vén. 😍📚






viernes, 26 de mayo de 2023

Mes contra o Acoso Escolar



O 2 de maio celébrase o Día Mundial contra o Acoso Escolar. O alumnado de 2º da ESO, en colaboración co Departamento de Lingua Castelá, elaborou carteis para concienciar aos seus compañeiros sobre a importancia de respectar aos demais ante unha problemática tan latente na sociedade actual.

A esta actividade sumarase o alumnado de 4º de ESO nestas semanas.


Hecho con Padlet

jueves, 18 de mayo de 2023

Día das Letras Galegas

Como cada 17 de maio, festexamos o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, o xoves 18 de maio, tivemos a sorte de contar coa presencia de Vero Rilo, co seu espectáculo para todo o alumnado do centro. Ademáis, a xornada estivo amenizada por varias alumnas de 2º da ESO, que nos deleitaron con baile e música tradicionais.

















 



O mércores 24, haberá un obradoiro poético con Rosalía Fernández Rial para o alumnado de 2º ciclo da ESO.

A traxectoria de Rosalía Fernández Rial (Costa da Morte, 1988) está marcada polo seu carácter disciplinar. É filóloga, doutora en didáctica das linguas e da expresión dramática pola USC e performer. Mais, sobre todo, e desde moi nova, dedícase á escrita. 

Poema "A reflexión", dentro do poemario Árbores no deserto, ed. Galaxia, 2020


                    A REFLEXIÓN

                    Detrás do espello

                    todas eramos a mesma muller,

                    núa,

                    interrogativa,

                    reclamándolle respostas

                    á realidade.

                    Ninguén vai chamar por nós?

                    Ninguén —silencio—.

                    Porque sodes a mesma muller sen rostro,

                    sen nome.

                    E se nos creamos?

                    Que cada unha

                    se debuxe da forma que queira.

                    E foi así como demos a luz

                    os nosos lenzos,

                    soñando pincel,

                    imaxinando cores,

                    a grande escala.

                    Foi así como

                    comezamos a parirnos...

                    Ata nacer

                    entre os marcos ceibes

                    da fantasía feminina.

                    Así hoxe vexo,

                    nos seus ollos,

                    que o teu retrato

                    son eu.

Este poema é un grito contra o esquecemento de mulleres que sentaron as bases do pensamento feminista actual. Mulleres fortes e valentes que alzaron e alzan a súa voz contra o machismo e que, hoxe, son referentes. Mulleres coma Sojourner Truth, Flora Tristán, Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Emma Goldmann, Virginia Woolf, Clara Campoamor, María Zambrano, Simone de Beauvoir, Kate Millet e Malala, están presentes nesta orixinal publicación.





viernes, 5 de mayo de 2023

Semana do Libro

 🧡📗🧡 

Durante a semana do 24 ao 28 de abril, leváronse a cabo diversas actividades, con motivo do Día do Libro.

  •  En Educación Primaria, houbo na Hora de Ler contacontos na biblioteca, organizados polo alumnado de 5º e 6º. O luns 24 tiveron a oportunidade de ter un encontro coa autora de Aurora condutora e Dragoncín cantarín, Susana Barja, profe de Infantil no noso centro. Ademais, o alumnado de EI elaborou un conto e narróullelo aos seus compañeiros de EP.




 En Educación Secundaria :

  • Os colaboradores da biblioteca foron ás clases de Educación Primaria e realizaron as seguintes tarefas con eles:
    • Léronlle ao alumnado de 1º e 2º de EP o conto Vivan as uñas de cores e despois pintáronlles as uñas a todos os que así o quixeron, como o protagonista do conto.




    • En 3º e 4º de EP  recitaron varios poemas, inspirados en contos tradicionais, do libro de Ana Mª Fernández, A casa de había unha vez, e pedíronlles aos alumnos que ilustrasen un deles.


    • Cos alumnos de 5º e 6º de EP elaboraron un mini libro.

  • O alumnado de 3º ESO volveuse booktuber e recomendou algún libro para a clase de Lingua Castelá.

    Hecho con Padlet


Outras actividades:

  • Exposición "Libros que se deixan ler" para achegar ao profesorado algúns dos títulos dos que dispoñemos na nosa biblioteca.


  • Adquisición de novos xogos e suxestións feitas, principalmente, polo alumnado do centro:



martes, 18 de abril de 2023

Torneo de Tute

 E seguimos con máis gañadores, esta vez os do Torneo de Tute, que chegou ao seu fin. Sabemos que non foi sinxelo, así que PARABÉNS!! 🎉🏆


Dende aquí queremos agradecer, especialmente, o traballo das colaboradoras que se encargaron de levar a cabo esta actividade; sen vós non sería posible. Grazas Ainara, Ana, Antía e Lucía. 🤩👌
























lunes, 17 de abril de 2023

lunes, 3 de abril de 2023

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

 O 27 de marzo conmemórase o Día Mundial do Teatro co obxectivo de dar a coñecer e reivindicar o que supuxo e supón esta arte para a cultura universal. Este xénero artístico estivo presente ao longo de toda a historia cultural da humanidade: na Antiga Grecia, onde os atenienses celebraban ritos na honra a Dionisio; cos romanos e as súas comedias; ou no teatro medieval e o pertencente ao Século de Ouro da literatura española.

Con el, o espectador é capaz de imaxinar, sentir, empatizar e gozar. De vivir diferentes historias, conmoverse con elas ou espertar as súas capacidades críticas.

O alumnado de 2º da ESO puido visionar a adaptación teatral de Las mil y una noche, de Mario Vargas Llosa, baseada na célebre recopilación de contos árabes do mesmo nome.


En 3º ESO, o alumnado acercouse a un entremés de Cervantes: El viejo celoso.