lunes, 18 de junio de 2018

Recomendacións de lecturas para este verán

Sumérxete nun mar de aventuras!!


  • Para os máis pequenos

  • Para os máis grandes


viernes, 1 de junio de 2018


LETRAS GALEGAS 2018

Por mor das Letras Galegas fixemos no centro unha serie de actividades ao redor da homenaxeada deste ano Mª Victoria Moreno. Este é o noso mural!!





Tamén tivemos no noso centro un contacontos que nos contou o conto de "O cataventos" de Victoria Moreno. Pasámolo moi ben!!


E os pequerrechos tamén nos amosaron su traballo cunha pequena representación teatral

Moi ben rapaces!!!!



lunes, 7 de mayo de 2018

XA TEMOS GAÑADORES DA LOMBOPOESÍA!!!!!

GRANDES POETAS AGOCHÁBANSE ENTRE O NOSO ALUMNADO. TODO O PROFESORADO ESTÁ ENTUSIASMADO COA CALIDADE DAS VOSAS CREACIÓNS.

DESPOIS DUNHA DIFÍCIL DECISIÓN POR PARTE DO XURADO, ESTAS SON AS LOMBOPOESÍAS GAÑADORAS:

PRIMARIA:

Elisa Vázquez    (3º Primaria)


SECUNDARIA:

Nerea Corral    (1º ESO)



Mención especial merecen os máis pequenos que tamén colaboraron na celebración do día do libro facendo inspiradores debuxos sobre os seus contos favoritos. 

viernes, 6 de abril de 2018

23 ABRIL DÍA DO LIBRO







Mulleres na Historia

       CALENDARIO DE MULLERES IMPORTANTES

A partir do día da muller decidimos crear un calendario onde o noso alumnado traballará ao longo do curso e dende as diferentes materias, biografías de mulleres que fixeron grandes cambios e logros na nosa historia. Cada muller será colocada na data correspondente ao seu día de nacemento. O calendario fíxose atemporal para que o calendario sirva como referencia  sen aplicarse a ningún ano en particular, e dar importancia ás grandes mulleres da historia.    
   
              "Bravo por elas!!!!"





martes, 3 de abril de 2018

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Acaban de chegar á nosa biblioteca estes exemplares que vos deixarán encantados. Vide por eles cando queirades!!!!!!











DIA DA MULLER

Por mor da celebración do día da muller, no noso centro estivemos traballando o respeto e a igualdade de xénero cunha actividade onde tod@s @s alumn@s encheron o muro da desigualdade con denuncias sobre situacións de indefensión que aínda sofren as mulleres nestes tempos. No mesmo dia da muller fixemos un acto reivindicativo onde o alumnado rompe ese muro como rexeita a esa desigualdade. O resultado final é un mural onde se pode ler o noso berro a prol da IGUALDADE


 

                                                                                                                       




jueves, 27 de octubre de 2016

OS NOSOS MURAIS

Xa estamos traballando na elaboración dos murais do centro. O que preside a entrada leva por título "A nosa contorna" e está elaborado coas imaxes que os membros da comunidade educativa (profesores, familias, alumnado e traballadores do centro) aportaron. No caso do mural do Samaín, este ano decidimos centralo nas "Personaxes mitolóxicas galegas" e para elaboralo contamos coa colaboración dun grupo de alumnos e alumnas de 2º ESO da materia "Investigación e y Tratamento da Información".
Deixamos algunha imaxes dos mesmos. Pasade de vez en canto pola biblioteca porque algo está a acontecer...

 MURAL "A NOSA CONTORNA"





O RECUNCHO DO SAMAÍN