miércoles, 22 de abril de 2020

RECURSOS DIVERTIDOS PARA TODAS AS IDADES #QuedaNaCasa

🙋 Ola a todo o mundo! A ver, con que enchedes os tempos baleiros deste confinamento? Dende aquí ímosvos propoñer unha serie de ligazóns (todas de balde, claro) que nos pareceron moi, moi interesantes. Hai de todo: dende bibliotecas dixitais onde se poden descargar as últimas novidades en libros, ata espectáculos escénicos de primeiro nivel que decidiron abrir as súas portas para nos faceren máis entretida a espera. Hai curtas de animación, algún xogo… en fin, o bonito é remexer nas páxinas para atopar cousas que vos gusten e ademáis vos alimenten a cacholiña.
Agardamos que estas recomendacións vos gusten e as aproveitedes!
Non esquezades contarnos as vosas impresións nos comentarios! Forza, saúde e #quedanacasa!

-       📌 Deixamos a ligazón a GaliciaLe fixada na marxe do blog: botade unha ollada porque hai unha oferta enorme de ebooks coas últimas novidades editoriais para todas as idades.

-       📚 Páxina que enlaza a un feixe de bibliotecas en galego:


-      🎭  Aquí, obras de teatro online:


-       🎶🎭 E premendo neste enlace teremos acceso a un boísimo catálogo de ópera:





PARA OS  MÁIS NOVOS


- 🎬 “As miñas primeiras letras galegas” de “Os Bolechas”

Vídeos patrocinados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que se basean na colección de libros "As miñas primeiras Letras Galegas" e que abordan a vida e a obra de diferentes persoeiros a quen a Real Academia Galega lles dedicou o 17 de maio.





- 🐟 “Peque peixe”: para coñecer o mar

É unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinada a formar os nenos e nenas de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego.




- 🔇🎶 “Radio Picariña”

Unha fermosísima ferramenta integrada na marca Xabarín, que pon a disposición dos usuarios e usuarias unha selección coas mil mellores cancións en lingua galega para os máis pequenos.




miércoles, 9 de octubre de 2019

ATENCIÓN!!! CONCURSO PARA O SAMAÍN!!!




ARREPÍO NUN CHÍO
A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro celébrase o Samaín, unha festividade de orixe celta que marca o fin do verán, do tempo das colleitas, e o inicio do inverno. Nesta noite, as fronteiras entre o mundo dos vivos e dos mortos están máis preto. As portas do Alén ábrense e as ánimas poden visitar o Aquén e os seus moradores e moradoras. É, xa que logo, unha noite ligada á morte e, para lembrala, o Equipo da Biblioteca e mais o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizan o concurso de chíos de terror Arrepío nun chío. Como, que non sabes o que é un chío? De seguro que che resulta máis familiar o termo inglés tweet. A resposta é, pois, ben doada: unha mensaxe breve que non pode superar os 280 caracteres.

A continuación, especifícanse as bases deste concurso:

1. Poderás participar se es alumno ou alumna de ESO (1º, 2º, 3º ou 4º).

2. Para participar, tes que escribir un chío de terror en galego, ligado á morte e a todo o que a rodea, que non supere os 280 caracteres estipulados. O chío acompañaralo dunha imaxe que o represente.

3. Meteralo nun sobre aberto que levará escrito o curso en que estás na parte frontal. Dentro dese sobre debes incluír tamén un papeliño co teu nome e apelidos. Depositaralo nunha caixa de correo habilitada na biblioteca. Tamén podes compartilo nos perfís de Facebook e Instagram da biblioteca co cancelo #arrepíonunchío. Tes de prazo ata as 15.00 horas do mércores 30 de outubro.

4.            Haberá tres premios (1º, 2º e 3º) e o xurado formarano os membros do Equipo da Biblioteca.

5.            Os galardoados e galardoadas daranse a coñecer o venres 8 de novembro. Publicaranse os seus nomes na cortiza da entrada da biblioteca e nos perfís das redes sociais.

6.            Os premios serán unha sorpresa, mais queda garantido que será unha sorpresa orixinal. Recolleranse durante o festival de Nadal.

7.            Valoraranse especialmente a creatividade e a orixinalidade.

Veña, a que estás agardando? Dálle vida á túa alma narradora, crea o teu chío de terror e participa. Non te has arrepentir!

COÑECEMOS A NOSA BIBLIOTECA "SUSO DE MARCOS"



Está situada no segundo andar do CPI Armando Cotarelo Valledor. Neste espazo, ademais de atopar libros, poderás descubrir outros servizos que de seguro che serán de moia axuda:



- Espazo na rede: Oito ordenadores con conexión a internet e cos programas necesarios para a edición de textos e imaxes, por se precisas facer algún traballo.



- Recuncho dos pequeniños: Os máis novos do centro atopan aquí un lugar adaptado ás súas necesidades, con acceso aos contos propios da súa etapa, e con mobiliario cómodo para que se poidan relaxar mentres len.



- Traballamos en grupo: Nesta área da biblioteca, onde atopamos a sección de xeneralidades, unha mesa redonda achega aos grupos de rapaces que queiran reunirse para facer algún traballo en común.



- Estudar tamén é ler: Hai postos axeitados para os que queren traballar nas tarefas das clases.



- A sétima arte: Nesta sección temos dispoñibles para préstamo unha colección de DVDs.



- Outra rede social: A nosa biblioteca tamén é o punto de xuntanza do CLUBE DE LECTURA "OS TROTAMUNDOS"



TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA SODES BENVIDOS!







sábado, 15 de junio de 2019

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA ESTE VERÁN

Desde a biblioteca despedímonos este curso 2018/2019. Pensamos que foi un curso intenso no que fixemos moitas actividades: creación dunha ludoteca, apertura, de novo, do club de lectura, antroido, Samaín, Magosto, adquisición de novos libros para a biblioteca, etc.
Pero, o que máis desexamos, é que gocedes da lectura e que os libros formen parte da vosa vida cotiá, porque como dixo Miguel de Cervantes: "El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho".
Por este motivo, na despedida, queremos recomendarvos algunhas lecturas para o verán.




SECUNDARIA
2º CICLO ESO:




Emotiva, conmovedora, diferente...Invisible narra, a través de los ojos de un niño, una historia que podría ser la de cualquiera de nosotros.¿Quién no ha deseado alguna vez ser invisible?¿Quién no ha deseado alguna vez dejar de serlo?El problema es que nunca he llegado a controlar bien ese poder:A veces, cuando más ganas tenía de ser invisible, era cuando más gente me veía, y en cambio, cuando deseaba que todos me vieran, era cuando a mi cuerpo le daba por desaparecer.






Coma se se tratase de Alicia caendo polo tobo, Nora viaxa ata finais do século XVIII. Alí terá que disfrazarse de home e tamén de señorita; adaptarse á vestimenta e aos costumes da época para lle axudar ao seu amigo Max a solucionar o problema coa criatura que o seu irresponsable amigo Víctor creou e abandonou no seu laboratorio. O efecto Frankenstein abre un eixe de diálogo entre dúas épocas e fainos reflexionar sobre a desigualdade de xénero, tanto no ámbito profesional coma no social. Así mesmo, como na obra de Shelley, tamén reitera a obriga moral de cumprir coas responsabilidades e as consecuencias das nosas accións.









1º CICLO ESO:



Mi nombre es Nour, y esta es la historia de mi viaje. Empezó en Libia, el país donde nací, una primavera en la que en lugar de flores florecieron bombas. Vi cosas que ningún niño debería ver. Viví cosas que ningún niño debería vivir. He conocido el miedo, la tristeza, la añoranza. Pero ahora estoy aquí para contároslo, porque ningún ser humano es ilegal.Esta es la historia de Nour. Tiene quince años, y en árabe su nombre significa «luz».La guerra en Libia le arrebató la infancia, y el viaje que emprendió con su familia la ha marcado para siempre, pero le ha aportado un presente y un futuro en España al que está logrando adaptarse. 














Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England... e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás veces chegan andando sobre unha soa perna...








 PRIMARIA
9-12 anos


6-8 anos

T

Primeiros lectores

viernes, 14 de junio de 2019

REMATAMOS A LUDOTECA!!!

Despois duns meses de traballo, por fin, rematamos a ludoteca. A partir da vindeira semana, o noso alumnado poderá dispor dun espazo no que relaxarse e compartir xogos e ratos de ocio dentro do centro nun lugar diferente ao patio.
Deixamos imaxes para que vexades como quedou ao final. Grazas a todo o alumnado que dunha forma ou outra colaborou na súa realización e, por suposto á promotora da idea, Yolanda.
Desde a biblioteca desexamos que gocedes da nosa ludoteca!!!





jueves, 30 de mayo de 2019

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O 16 de maio, un día antes do día grande da nosa cultura, organizamos o Festival das Letras Galegas. Tivemos numerosas actuacións, desde recitais de poesía a música da nosa terra, explicación sobre a composición do traxe tradicional de Boimorto ou mesmo un obradoiro de baile galego, unha breve exposición da biografía do homenaxeado que, como todos sabedes, este ano 2019 foi Antón Fraguas e, como actuación final, a participación do monologuista: Avelino González.
Foron máis de dúas horas nas que tivemos de todo. Temos que dar as gracias a agrupación musical tradicional de Boimorto, "Os Santiaguiños", que colaboraron coa organización do mesmo.
Deixamos algunha imaxe tomada durante a celebración.



O NOSO COLLAGE SOBRE ANTÓN FRAGUAS

O alumnado de 3º ESO decidiu facer unha homenaxe ao autor protagonista das Letras Galegas deste ano 2019. Por este motivo, na clase de Educación Plástica e Visual fixeron un collage interprentando dúas fotos de Antón Fraguas. Posteriormente organizaron unha exposición nos corredores do centro para que os compañeiros puidesen apreciar o seu labor e aproveitaron para dar algún detalle da súa biografía.



domingo, 26 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano, para recordar ao autor homenaxeado das Lestras Galegas, fixemos diferentes actividades. Ademais de traballar sobre o autor nos diferentes grupos, o alumnado de 1º ESO de Educación Plástica e Visual realizou un cómic que adxuntamos nunha presentación. Deixámolo aquí para que o poidades ler con calma.


viernes, 24 de mayo de 2019

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril, conmemorouse o "DÍA DO LIBRO" e, como na biblioteca tamén queriamos participar, decidimos organizar dúas actividades. Por un lado un concurso que se baseaba en facer un "BOOKFACE" e que se extendía a todo o alumnado desde primaria a secundaria. 
Por outra banda, fixemos un libro que deixamos na biblioteca no que o alumnado ou profesorado que queira pode deixar unha recomendación dun libro para xeracións futuras. 
Deixamos imaxe do libro e do mural que elaboramos cos "BOOKFACE" que participaron.







miércoles, 1 de mayo de 2019

A LUDOTECA COMEZA A TOMAR FORMA

Seguimos co proceso de decoración das paredes da ludoteca e temos que dicir que esto xa comeza a tomar forma. Deixamos unhas imaxes para que vexades con máis detemento os debuxos que van presidir a aula.