miércoles, 30 de octubre de 2024
martes, 15 de octubre de 2024
Concurso Samaín
Desde a biblioteca propoñémosvos un concurso de Portas Arrepiantes.
Poderán participar todos os grupos do centro e valoraranse as portas máis arrepiantes, orixinais e creativas.
Haberá un premio por cada etapa educativa: Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.
Poderase participar ata o 28 de outubro.
domingo, 13 de octubre de 2024
Xornada de formación de usuarios na ESO
A finais do mes de setembro tivemos as xornadas de formacíón de usuarios da biblioteca para o alumnado de 1º da ESO.
sábado, 12 de octubre de 2024
viernes, 11 de octubre de 2024
Novo curso, novos proxectos
Aínda que xa levamos 15 días abrindo a biblioteca para o alumnado da ESO. Temos o recuncho de Educación Primaria patas arriba, por iso non está dispoñible. Que está a pasar? Moi pronto volo contaremos...
miércoles, 26 de junio de 2024
Diarios de lectura e suxestións das mochilas viaxeiras
Este curso retomamos a actividade das mochilas viaxeiras, que había anos que non se levaba a cabo, e así sacar a biblioteca fóra do centro e achegala aos fogares do noso alumnado.
Despois de ler os diarios e suxestións da rapazada, cremos que foi moi boa idea.
Velaquí os diarios lectores e as suxestións feitas polo alumnado:
BO VERÁN!!
lunes, 24 de junio de 2024
Suxestións lectoras para o verán
Coa entrada do verán, chegan as suxestións lectoras para este tempo de lecer:
E Tamén vos deixamos as escollidas polos colaboradores na visita á Biblioteca Pública Ánxel Casal:
jueves, 20 de junio de 2024
Día de foliada no centro
Hoxe foi un día moi especial pois celebramos a nosa primeira foliada. Tivemos unha xornada de festa e convivencia.
Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer, especialmente, a colaboración de todo o alumnado que nos axudou a levar a cabo este proxecto: dende as presentadoras do evento, pasando polos autores dos traballos expostos e o alumnado que a montou. Sen eles non sería posible. MOITAS GRAZAS!!
miércoles, 19 de junio de 2024
Agradecementos aos nosos colaboradores
O luns 17 de xuño compartimos uns petiscos cos nosos colaboradores de Educación Primaria.
E o mércores, 19 de xuño, xunto cos integrantes do Club de Lectura, visitamos a Biblioteca Pública Ánxel Casal, a Librería Aenea e a Cidade da Cultura.
O Equipo de Biblioteca quere agradecervos a vosa implicación e o voso traballo ao longo deste curso. Agora toca descansar e coller forzas para setembro. Moitas grazas!! Sen vós a biblioteca non ten sentido!!
miércoles, 29 de mayo de 2024
Contacontos ao aire libre
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

