viernes, 22 de noviembre de 2024

Xornada de portas abertas para as familias

O próximo xoves, 28 de novembro, faremos unha xornada de portas abertas para amosar ás familias os cambios que realizamos na sección de Primaria. Non faltedes!! Esperámosvos ás 11:10.



 

Premios "arrepiantes"

 Algúns dos cursos premiados xa desfrutaron dos seus agasallos "arrepiantes".










miércoles, 30 de octubre de 2024

martes, 15 de octubre de 2024

Concurso Samaín

Desde a biblioteca propoñémosvos un concurso de Portas Arrepiantes. 

Poderán participar todos os grupos do centro e valoraranse as portas máis arrepiantes, orixinais e creativas. 

Haberá un premio por cada etapa educativa: Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.

Poderase participar ata o 28 de outubro.



domingo, 13 de octubre de 2024

Xornada de formación de usuarios na ESO

     A finais do mes de setembro tivemos as xornadas de               formacíón de usuarios da biblioteca para o alumnado de 1º da ESO.







sábado, 12 de octubre de 2024

viernes, 11 de octubre de 2024

Novo curso, novos proxectos

     Aínda que xa levamos 15 días abrindo a biblioteca para o                 alumnado da ESO. Temos o recuncho de Educación Primaria         patas arriba, por iso non está dispoñible. Que está a pasar? Moi       pronto volo contaremos...



miércoles, 26 de junio de 2024

Diarios de lectura e suxestións das mochilas viaxeiras

Este curso retomamos a actividade das mochilas viaxeiras, que había anos que non se levaba a cabo, e así sacar a biblioteca fóra do centro e achegala aos fogares do noso alumnado.


Despois de ler os diarios e suxestións da rapazada, cremos que foi moi boa idea.


Velaquí os diarios lectores e as suxestións feitas polo alumnado:







BO VERÁN!!


lunes, 24 de junio de 2024

Suxestións lectoras para o verán

 

Coa entrada do verán, chegan as suxestións lectoras para este tempo de lecer:



E Tamén vos deixamos as escollidas polos colaboradores na visita á Biblioteca Pública Ánxel Casal:

 Bo verán LECTOR!!

jueves, 20 de junio de 2024

Día de foliada no centro

Hoxe foi un día moi especial pois celebramos a nosa primeira foliada. Tivemos unha xornada de festa e convivencia.

Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer, especialmente, a colaboración de todo o alumnado que nos axudou a levar a cabo este proxecto: dende as presentadoras do evento, pasando polos autores dos traballos expostos e o alumnado que a montou. Sen eles non sería posible. MOITAS GRAZAS!!