jueves, 29 de noviembre de 2018

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Este ano tomámonos moi en serio iso de pasar medo no Samaín e, dúas das profes do centro, Yolanda e Teresa, disfrazáronse de meigas para explicarnos o significado desta festividade e contarnos un conto: "Conto do Samaín" cuxo enlace vos deixamos para que o disfrutedes de novo.
Tamén realizamos un concurso de cabazas que debían reflectir a temática da biblioteca no que participou todo o centro e, o alumnado de secundaria elaborou historias de medo que logo leron aos compañeiros na biblioteca.
Ademais do conto podedes ver unha imaxe do mural da entrada, no que se espetou unha meiga (que faría no noso cole!!!) e algunhas das instantáneas tomadas.










PRESENTACIÓN DA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA E FORMACIÓN DE USUARIOS

A principios de outubro  fixemos unhas sesións de presentación da temática da biblioteca e formación de usuarios, onde informamos ao noso alumnado de cal ía ser a dinámica de traballo deste curso. Tamén aproveitamos para recordar a organización, distribución e funcionamento da mesma.
Deixamos unha imaxe na que podedes ver un momento da presentación.



jueves, 22 de noviembre de 2018

A BIBLIOTECA ABRE AS PORTAS ESTE CURSO 2018 - 19

Ola rapaces e rapazas, 
este ano queremos facervos pensar e reflexionar e, por este motivo, a temática que propuxemos para dirixir as actividades do curso leva por título: 
"UN MUNDO DIVERSO, UN MUNDO MELLOR"
Queremos que o mundo cambie, que a tolerancia hacia o que é diferente ou minoritario marque a liña da nosa filosofía de vida. Todos somos diferentes porque somos únicos, coas nosas particularidades contribuímos a enriquecer o mundo. 
Deixamos unha imaxe do noso mural co que  prentendemos  recoller a idea de que o noso planeta  é plural e, por ende, único e fermoso.