jueves, 30 de mayo de 2019

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O 16 de maio, un día antes do día grande da nosa cultura, organizamos o Festival das Letras Galegas. Tivemos numerosas actuacións, desde recitais de poesía a música da nosa terra, explicación sobre a composición do traxe tradicional de Boimorto ou mesmo un obradoiro de baile galego, unha breve exposición da biografía do homenaxeado que, como todos sabedes, este ano 2019 foi Antón Fraguas e, como actuación final, a participación do monologuista: Avelino González.
Foron máis de dúas horas nas que tivemos de todo. Temos que dar as gracias a agrupación musical tradicional de Boimorto, "Os Santiaguiños", que colaboraron coa organización do mesmo.
Deixamos algunha imaxe tomada durante a celebración.



O NOSO COLLAGE SOBRE ANTÓN FRAGUAS

O alumnado de 3º ESO decidiu facer unha homenaxe ao autor protagonista das Letras Galegas deste ano 2019. Por este motivo, na clase de Educación Plástica e Visual fixeron un collage interprentando dúas fotos de Antón Fraguas. Posteriormente organizaron unha exposición nos corredores do centro para que os compañeiros puidesen apreciar o seu labor e aproveitaron para dar algún detalle da súa biografía.



domingo, 26 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano, para recordar ao autor homenaxeado das Lestras Galegas, fixemos diferentes actividades. Ademais de traballar sobre o autor nos diferentes grupos, o alumnado de 1º ESO de Educación Plástica e Visual realizou un cómic que adxuntamos nunha presentación. Deixámolo aquí para que o poidades ler con calma.


viernes, 24 de mayo de 2019

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril, conmemorouse o "DÍA DO LIBRO" e, como na biblioteca tamén queriamos participar, decidimos organizar dúas actividades. Por un lado un concurso que se baseaba en facer un "BOOKFACE" e que se extendía a todo o alumnado desde primaria a secundaria. 
Por outra banda, fixemos un libro que deixamos na biblioteca no que o alumnado ou profesorado que queira pode deixar unha recomendación dun libro para xeracións futuras. 
Deixamos imaxe do libro e do mural que elaboramos cos "BOOKFACE" que participaron.







miércoles, 1 de mayo de 2019

A LUDOTECA COMEZA A TOMAR FORMA

Seguimos co proceso de decoración das paredes da ludoteca e temos que dicir que esto xa comeza a tomar forma. Deixamos unhas imaxes para que vexades con máis detemento os debuxos que van presidir a aula.


A CDU DE PRIMARIA

Xa vos explicamos algunha vez que a CDU serve para organizar unha biblioteca. Para que vos resulte máis sinxelo situarvos  decidimos colocar unha árbore ao lado da mesa de préstamos. Os froitos da mesma indican en que sección da biblioteca podedes encontrar libros do voso interese segunda a idade. Non quere dicir que non vos poida interesar outro libro doutra sección. Tamén vos animamos a indagar. 
Deixamos unha imaxe da árbore. 



O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA LE CONTOS NO RECREO

Queremos agradecer desde o blog a colaboración que está a facer coa biblioteca o alumnado de 5º e 6º de primaria que, de forma voluntaria, está a ler nalgúns recreos contos aos seus compañeir@s máis pequenos. Deixamos un par de imaxes para que vexades como se levou a cabo a actividade.
Grazas rapaces pola vosa colaboración!!!



A LUDOTECA

Coma todos sabedes, un dos proxectos estrela deste curso é pór en marcha a ludoteca. Estamos totalmente inmers@s neste traballo e esperamos tela preparada en pouco tempo. Deixamos algunha imaxe para que vexades a evolución do traballo.



OS COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Alá polo mes de xaneiro tivemos a xenial idea de buscar colaboradores para a biblioteca. Dicimos xenial, porque, coma sempre, o noso alumnado supera as nosas expectativas, e tivemos un montón de voluntarios. Por este motivo, pensamos facer unha entrada neste blog, para agradecerlles a súa colaboración, xa que moitas das cousas que se fixeron foron ideas deles e colaboran en diferentes tarefas como: entradas no blog, fotografías dos acontecementos do cole, buzón de suxerencias, facer empréstamos e devolucións, manter a biblioteca en orde.
GRAZAS COLABORADORES!!!!
Podedes recoñecelos porque nos recreos están na biblioteca e levan unha credencial como a que se amosa a continuación. Tamén vos deixamos unha imaxe do buzón de suxerencias que construíron.




UNHAS BIBLIOTECARIAS MOI DIVERTIDAS VISITAN AS AULAS DE PRIMARIA


O pasado martes, 2 de abril, o alumnado de primaria recibiu unha visita sorpresa nas súas aulas de dúas bibliotecarias moi aloucadas que presentaron algunha das novas adquisicións da nosa biblioteca. Traían unha caixa máxica da que saían libros de diferentes temáticas para que os coñeceramos.
Deixamos algunha imaxe para que, se as vedes na biblioteca do cole ou polos corredores, non perdades a ocasión de preguntarlles ou suxerir novos libros.





A LOITA POLA MULLERES, O 8M.


"DE VALIENTES QUE NO CALLAN ANTE EL MIEDO
EL RECUERDO DE LAS ALMAS QUE CALLERON,
COMBATIENDO CONTRA EL ODIO Y EL RENCOR
ES POR ELLAS QUE HOY CANTAMOS HACIA EL CIELO"
                                                     
                            Letra obtida de Somos, himno de OT 2018



O 8 de marzo, como tod@s sabedes, é unha desas datas de peso no calendario, "O día internacional da muller". No noso centro non queriamos deixar pasar esta data e fixemos un mural coas nosas mans para recordar que aínda hai moito traballo por facer para acadar a igualdade entre ámbolos dous sexos nalgúns eidos da sociedade. Por suposto, tamén foi unha data para recordar a todas a vítimas da violencia de xénero. 
Deixamos unha imaxe para que poidades ver como nos quedou o mural, que preside a entrada do noso centro.