sábado, 29 de octubre de 2022

Celebramos o Samaín


E por fin chegou o día de celebrar o Samaín, así que decoramos o centro para a ocasión. Moitas grazas pola vosa participación, familias, profesorado e  alumnado. Así da gusto!
Estas foron algunhas das actividades que levamos a cabo:
  • Decoración de portas en EI e EP.






  • Mural no corredor de EI e EP.


  • Exposición de lecturas terroríficas e decoración da biblioteca.



  • Exposición de cabazas nos corredores.







  • Exposición na entrada do centro dos debuxos terroríficos que fixo o alumnado da ESO nas titorías.






  • O Departamento de Inglés elaborou, xunto co alumnado, unha listaxe de libros de terror. 









Taller de xogos de mesa

 



Esta semana tivemos a sorte de contar cun taller de xogos de mesa para todos os niveis. Kiko e Cris, de Chafarís,  foron os encargados de mostrarnos unha morea de xogos cos que non só nos entretivemos, senón cos que tamén aprendimos algunha cousiña.

Gustáronche os xogos? Quererías ter algún na ludoteca? Podes deixar un comentario ou falar co Equipo da Bilblioteca.

A continuación tes todas as imaxes:
















jueves, 27 de octubre de 2022

24 de outubro, día das bibliotecas

 


A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2022.  "A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."

E nós decicimos celebralo dándolle uso!!



martes, 18 de octubre de 2022

Chega o Samaín!!

A orixe do Samaín haina que situar no mundo celta. Logo, coa chegada e instauración do cristianismo, converteuse no Día de Todos os Santos mais, en realidade, é a celebración do Ano Novo Celta, o día no que as almas dos defuntos atravesan a fronteira que os separa do mundo dos vivos e visitan os domicilios dos familiares.

Dende o inicio, a rapazada celebrou a festividade fabricando cabazas cunha candea dentro para poñerlle medo á xente que as atopaba nos camiños.



Con motivo desta celebración, o EDLG e o Equipo da Biblioteca convida a todas as familias a participar na decoración do centro,  traendo cabazas, que serán colocadas nas zonas comúns, na semana do 24 ao 28 de outubro. Como a temática sobre a que traballa a biblioteca é o mundo da literatura, canto máis teñan que ver con este asunto, moito mellor. Poden estar inspiradas en personaxes literarios, contos terroríficos, lendas...



  

lunes, 17 de octubre de 2022

Días das escritoras


 

Hoxe, 17 de outubro, celebramos o día das escritoras.  Como cada ano, a BNE fai unha selección de textos para descubrir e desfrutar da literatura de tantas mulleres escritoras olvidadas. Nesta edición, a selección de textos en galego, éuscaro, catalán e nos moitos acentos do castelán, trata sobre mulleres que viviron ou sufriron a guerra. 

SELECCIÓN DE TEXTOS

lunes, 10 de octubre de 2022

viernes, 7 de octubre de 2022

Receitas de outono

Chega o outono, e con el os productos típicos desta data: cogumelos, cabazas, froitos secos (noces, abelás...), mazás, uvas, figos, castañas, mambrelos, granadas, berenxenas, mandarinas...

 O EDLG e o Equipo da Biblioteca, en colaboración coas familias, queremos crear un receitario conxunto con productos de tempada. Cada alumno/a levará para a casa unha plantilla para cubrir coa receita (se é posible acompañada dunha fotografía da mesma), que formará parte do noso receitario. Tamén se pode acceder á plantilla da receita aquí.

A receita ten que contér como ingrediente principal un producto de tempada. Entregáraselle ao titor/a no caso de primaria; e, en secundaria, a calquera compoñente do Equipo de Bilioteca. O prazo para entregalas remata o 2 de novembro.

Pódese enviar máis dunha receita. Farase unha recompilación das mesmas que compartiremos con vós.

Agardamos as vosas receitas!!

miércoles, 5 de octubre de 2022

Formación de usuarios na biblioteca

Na última semana de setembro recibimos ao alumnado de 1º ESO para ensinarlle a biblioteca do centro e o seu funcionamento. Estivemos a facer unha serie de actividades para coñecer a súa organización e estructura básica.

Agora que xa coñecedes todos os seus recunchos e todas as  posibilidades que ofrece, só queda desfrutar dela.

Esperamos vervos moi pronto!! 😉










lunes, 3 de octubre de 2022