miércoles, 28 de diciembre de 2022

Chegou o Nadal ao centro

Está preto o Nadal e nótase no centro, que se engalana para a ocasión. Aquí vos deixamos as fotos da decoración, xunto coas actividades realizadas estes días:

  • Decoración da entrada do centro e da biblioteca.


  • Decoración de portas e aulas en Educación Infantil e Educación Primaria e realización de postais, de parte do alumnado de Educación Primaria, para o Centro de Día do pobo.




  • Actividade "Lévasnos ao teu fogar?" destinada ao persoal docente e non docente do centro.







miércoles, 21 de diciembre de 2022

Despedindo o trimestre cos colaboradores





Esta semana despedimos o trimestre cos colaboradores da biblioteca dun xeito especial, para agradecerlles a súa dedicación. Porque, entre tanto mural e decoración, é necesario repoñer forzas. Esperamos que o pasásedes ben! Seguimos traballando á volta. Boas vacacións!



RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA TEMPOS FRÍOS

               

Como cada ano, aquí vos deixamos unhas suxestións para este tempo de frío e de lecer. 



Estes meses, ademais, chegaron moitas novidades á nosa biblioteca, que no mes de xaneiro estarán preparadas para o préstamo. Botádelles un vistazo por se vos interesa algunha. Poden ser, tamén, unha boa opción para agasallar ou agasallarvos, nestas datas. 




Boas festas!!




jueves, 15 de diciembre de 2022

Recomendacións dos Departamentos de Inglés e de Lingua Castelá

Axiña desfrutaremos de días de lecer, así que aproveitamos este mes para facervos diferentes recomendacións, pensando xa neses días de inverno con poucas horas de luz e moito frío, tan propicios para mergullarse nun libro ou nunha película.

Comezamos co traballo feito polo Departamento de Inglés, no que o alumnado estivo a escribir recomendacións de libros e películas.

Coñécelos?


Dende o Departamento de Lingua Castelá, o alumnado de 3º ESO estivo a investigar cales foron os libros máis vendidos nos últimos anos. Buscaron obras de diferentes xéneros e subxéneros (poesía, teatro, cómic, biografías, narrativa xuvenil, romántica, de terror...).

Bótalles un ollo. Gustaríache que mercásemos algún para a biblioteca?


Hecho con Padlet

lunes, 12 de diciembre de 2022

25N, preocúpanos a túa vida

 


Para a conmemoración desta data levamos a cabo as seguintes actividades:
  • Recomendacións lectoras: 




  • Pancarta, na entrada do centro, feita polo alumnado de Educación Primaria e Educación Infantil:


  • Mural, situado na entrada do centro, feito polas colaboradoras da biblioteca e o alumnado de 2ºESO. 



  • Tanto EI, como EP acudiron ao espectáculo de Rilo & Penadique, na casa da cultura do concello de Boimorto.

  • Os Departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá fixeron unha actividade na que se reflexiona sobre o papel da muller nalgúns contos tradicionais.