martes, 26 de abril de 2022


Nesta semana, para celebrar o Día do Libro (23 de abril), adornamos as escaleiras, sacamos os libros aos corredores, para que todo o alumnado do centro poida ver as novidades que fomos mercando ao longo do curso e ademais houbo moitas actividades na materia de Valores en Ed. Infantil e Primaria e en 1º de ESO. 
 










 NA BUSCA DOS OVOS DE PASCUA

Os/as nenos/as de Educación Primaria atoparon unha carta que lles deixara o coelliño de pascua. Nesta carta, o coelliño dicíalles que lles deixara uns agasallos agochados polo colexio, e que tiñan que atopalos.  Foi unha actividade moi divertida.

 Aquí vos deixamos o vídeo. 



miércoles, 6 de abril de 2022

      A POESÍA NON MORDE!     

En Educación Secundaria tamén houbo VERSOS!








 No día da poesía e durante máis dunha semana, o alumnado de Ed. Infantil e Primaria encheu de cores e versos o colexio, aquí vos deixamos o resultado.



lunes, 4 de abril de 2022

 2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

QUE É O AUTISMO?

Unha de cada 100 persoas ten autismo.

O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) é un trastorno neurobiológico do desenvolvemento que se manifesta nos primeiros anos de vida e acompaña á persoa en todo o seu ciclo vital.

Caracterízanse pola presenza de dificultades específicas nas áreas social, comunicativa e cognitiva.





 VISITA A SANTIAGO E CONCERTO
Unha actividade moi interesante



 

CELEBRANDO O ENTROIDO

O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA TIVERON UN MOI BO DÍA