viernes, 22 de diciembre de 2023

Obradoiros de Nadal na ESO

 O xoves, 21 de decembro, os voluntarios da biblioteca foron polos diferentes cursos da ESO dirixindo diferentes obradoiros de Nadal. O resultado velaquí o tedes. Sen dúbida un magnífico traballo. Moitas graza pola vosa implicación.



jueves, 21 de diciembre de 2023

Intercambio de postais de Nadal en Amarai

 O mércores, 20 de decembro, o alumnado de 1º da ESO entregou as súas postais de Nadal, feitas en colaboración co Departamento de Educación Plástica e Visual, en Amarai. Unha vez alí, non só coñeceron o centro, o persoal e as actividades que nel se desenvolven; senón que tamén recibiron unha postal feita polos usuarios do centro. Foi unha experiencia moi enriquecedora.





miércoles, 20 de diciembre de 2023

Visita á residencia de maiores de Boimorto

O alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria visitou, o martes 19 de decembro, a residencia de maiores do pobo. Con eles compartiron postais, panxoliñas e os mellores desexos para estas datas. Boas festas!!



 

domingo, 17 de diciembre de 2023

Obradoiros de Educación Infantil e Educación Primaria


  • O martes 19 de decembro, Pablo e María impartiron un obradoiro de adornos de Nadal. Quedaron fabulosos!!


  • Obradoiro para facer  árbores de Nadal. O luns 18 de decembro, o alumnado e  algúns pais e nais  participaron nesta actividade, levada a cabo polo alumnado de Educación Primaria. Moi bo traballo!


  • O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo cos nenos de Edicación Infantil e xuntos fixeron uns bonecos preciosos. Parabéns!!


 

Ideas para os xerseis máis feos

Ideas 

viernes, 15 de diciembre de 2023

Nestas vacacións: aventúrate a ler

 

  • Suxestións de lectura para as vacacións:


  • Na biblioteca preparamos dúas cestas coas novidades para poder levar para a casa nas vacacións.






Decembro, mes das novidades e suxestións lectoras

 O alumnado de 3º ESO encheu o centro dos inicios de moitas obras que despertaron a nosa curiosidade Tamén elaboraron un Padlet cos libros máis vendidos no 2022, agrupados por temáticas.






Hecho con Padlet


Chegaron á nosa biblioteca un montón de novidades moi atractivas.





lunes, 4 de diciembre de 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo do MES DA CIENCIA EN GALEGO tivemos a sorte de contar coa participación de pais e nais que lle amosaron varios experimentos aos rapaces de Educación Infantil e Educación Primaria. Moitas grazas!! foi unha experiencia marabillosa!!




Ademais, os nosos colaboradores estiveron traballando arreo. 

Na ESO, coa colaboración do Departamento de Física e Química, fixeron unha exhibición de varios experimentos aos seus compañeiros. Estades feitos uns verdadeiros científicos!! Noraboa!!





En Educación Primaria buscaron información sobre destacadas figuras galegas da ciencia. Moi bo traballo!!





 

viernes, 1 de diciembre de 2023

Obradoiros de adornos para o Nadal

Obradoiros de Nadal