jueves, 22 de septiembre de 2022

Plataforma dixital de préstamo




 Xa dispoñemos de acceso ao espazo para a lectura na rede, propio das bibliotecas escolares, E-lbe2.

E iso que é?

Unha plataforma na que terás acceso gratuíto a libros dixitais e audiolibros. Nela podes acceder a títulos moi variados, que se poden ler en diferentes dipositivos (computador e dispositivos móbiles), con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña.

Como podo acceder?

Estamos a xestionar a distribución das claves para o profesorado e alumnado e a integrar esta plataforma nas propostas de traballo. Na ESO facilitarémoslle as claves ao alumnado. No caso de EP e EI, estas poñémolas a disposición das familias, que poderán solicitalas a través dun correo electrónico. Así, as familias interesadas deben mandar un correo a  biblioteca.boimorto@gmail.com, poñendo no asunto " Acceso á plataforma dixital" e indicando na mensaxe o nome, apelidos e curso do alumno.

Nas barras laterais esquerdas, tanto da páxina do centro como do blog da biblioteca, atoparás o enlace á plataforma.

Podes atopar a aplicación en Google Play e AppStore. Accede directamente escaneando o seguinte código QR:


Velaquí unha guía básica en PDF e un manual de como acceder á plataforma.






viernes, 16 de septiembre de 2022

Benvida curso 2022-2023


 

Benvidas e benvidos ao curso 2022-2023!!

Dende a biblioteca, dámosvos a benvida a un novo curso.

Durante o mes de setembro na biblioteca estaremos preparando novidades para este ano, no que seguiremos "sucando os mares da literatura".

Eso si, a biblioteca precisa de colaboradores espelidos que nos boten unha man nalgún recreo. Polo voso labor recibiredes un pequeno agasallo  e tamén disfrutaredes de privilexios dentro da biblioteca. Animádevos!

Esperámosvos en outubro!!