O xoves, 21 de decembro, os voluntarios da biblioteca foron polos diferentes cursos da ESO dirixindo diferentes obradoiros de Nadal. O resultado velaquí o tedes. Sen dúbida un magnífico traballo. Moitas graza pola vosa implicación.
viernes, 22 de diciembre de 2023
jueves, 21 de diciembre de 2023
Intercambio de postais de Nadal en Amarai
O mércores, 20 de decembro, o alumnado de 1º da ESO entregou as súas postais de Nadal, feitas en colaboración co Departamento de Educación Plástica e Visual, en Amarai. Unha vez alí, non só coñeceron o centro, o persoal e as actividades que nel se desenvolven; senón que tamén recibiron unha postal feita polos usuarios do centro. Foi unha experiencia moi enriquecedora.
miércoles, 20 de diciembre de 2023
Visita á residencia de maiores de Boimorto
O alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria visitou, o martes 19 de decembro, a residencia de maiores do pobo. Con eles compartiron postais, panxoliñas e os mellores desexos para estas datas. Boas festas!!
domingo, 17 de diciembre de 2023
Obradoiros de Educación Infantil e Educación Primaria
- O martes 19 de decembro, Pablo e María impartiron un obradoiro de adornos de Nadal. Quedaron fabulosos!!
- Obradoiro para facer árbores de Nadal. O luns 18 de decembro, o alumnado e algúns pais e nais participaron nesta actividade, levada a cabo polo alumnado de Educación Primaria. Moi bo traballo!
- O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo cos nenos de Edicación Infantil e xuntos fixeron uns bonecos preciosos. Parabéns!!
viernes, 15 de diciembre de 2023
Nestas vacacións: aventúrate a ler
- Suxestións de lectura para as vacacións:
- Na biblioteca preparamos dúas cestas coas novidades para poder levar para a casa nas vacacións.
Decembro, mes das novidades e suxestións lectoras
O alumnado de 3º ESO encheu o centro dos inicios de moitas obras que despertaron a nosa curiosidade Tamén elaboraron un Padlet cos libros máis vendidos no 2022, agrupados por temáticas.
Chegaron á nosa biblioteca un montón de novidades moi atractivas.
lunes, 4 de diciembre de 2023
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Con motivo do MES DA CIENCIA EN GALEGO tivemos a sorte de contar coa participación de pais e nais que lle amosaron varios experimentos aos rapaces de Educación Infantil e Educación Primaria. Moitas grazas!! foi unha experiencia marabillosa!!
Ademais, os nosos colaboradores estiveron traballando arreo.
Na ESO, coa colaboración do Departamento de Física e Química, fixeron unha exhibición de varios experimentos aos seus compañeiros. Estades feitos uns verdadeiros científicos!! Noraboa!!
En Educación Primaria buscaron información sobre destacadas figuras galegas da ciencia. Moi bo traballo!!
viernes, 1 de diciembre de 2023
Suscribirse a:
Entradas (Atom)