Con motivo do MES DA CIENCIA EN GALEGO tivemos a sorte de contar coa participación de pais e nais que lle amosaron varios experimentos aos rapaces de Educación Infantil e Educación Primaria. Moitas grazas!! foi unha experiencia marabillosa!!
Ademais, os nosos colaboradores estiveron traballando arreo.
Na ESO, coa colaboración do Departamento de Física e Química, fixeron unha exhibición de varios experimentos aos seus compañeiros. Estades feitos uns verdadeiros científicos!! Noraboa!!
En Educación Primaria buscaron información sobre destacadas figuras galegas da ciencia. Moi bo traballo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario