sábado, 19 de diciembre de 2020

Con certo atraso, aquí tedes o traballo do 25 de novembro, no que participou o alumnado de 5º/6º Ed. Primaria e todo o alumnado de Ed. Secundaria. 


A música "It's your day" é de Yiruma, nome artístico de Lee Ru-ma, compositor surcoreano de melodías para piano. 

lunes, 30 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRE 2020 
O alumnado  Educación Infantil e Primaria fixo un mural moi fermoso. Está exposto na entrada do noso centro.

jueves, 19 de noviembre de 2020

 


25 DE NOVEMBRO




Actividade proposta polo Equipo de Dinamización Lingüística
coa colaboración do Equipo de Biblioteca.










lunes, 16 de noviembre de 2020

 

Xa temos os/as gañadores/as do concurso de Samaín. Pero antes de nada, dende o equipo de biblioteca, queremos darlles as grazas a todos/as os/as participantes: Christian Mosquera e Martín Corbacho (Ed. Infantil); Lola Varela, Manuela Nieto, Andrea Nieto, Mateo Aguión, Xiana Chorén, Daniel Corbacho, Noela Barreiro, Adrián Vázquez e Daniel Vázquez (Ed. Primaria); Manuel Varela, Izan Santos, María Lois e Sabela Varela (Ed. Secundaria). A decisión non foi doada…  e temos 2 gañadores/as en cada categoría.

Ed. Infantil: Christian Mosquera e Martín Corbacho.

Ed. Primaria: Andrea Nieto e Xiana Chorén.

Ed. Secundaria: María Lois e Sabela Varela.

E xa esquecía dicir que a música que se escoitaba na presentación do concurso era da película “A noiva cadáver”. Bravo para quen acertastes!!!!




jueves, 29 de octubre de 2020

CONCURSO SAMAÍN

 

Neste vídeo podes consultar as bases do concurso. 
ANÍMATE A PARTICIPAR!

Podes participar ata o domingo 8 de novembro.













miércoles, 22 de abril de 2020

RECURSOS DIVERTIDOS PARA TODAS AS IDADES #QuedaNaCasa

🙋 Ola a todo o mundo! A ver, con que enchedes os tempos baleiros deste confinamento? Dende aquí ímosvos propoñer unha serie de ligazóns (todas de balde, claro) que nos pareceron moi, moi interesantes. Hai de todo: dende bibliotecas dixitais onde se poden descargar as últimas novidades en libros, ata espectáculos escénicos de primeiro nivel que decidiron abrir as súas portas para nos faceren máis entretida a espera. Hai curtas de animación, algún xogo… en fin, o bonito é remexer nas páxinas para atopar cousas que vos gusten e ademáis vos alimenten a cacholiña.
Agardamos que estas recomendacións vos gusten e as aproveitedes!
Non esquezades contarnos as vosas impresións nos comentarios! Forza, saúde e #quedanacasa!

-       📌 Deixamos a ligazón a GaliciaLe fixada na marxe do blog: botade unha ollada porque hai unha oferta enorme de ebooks coas últimas novidades editoriais para todas as idades.

-       📚 Páxina que enlaza a un feixe de bibliotecas en galego:


-      🎭  Aquí, obras de teatro online:


-       🎶🎭 E premendo neste enlace teremos acceso a un boísimo catálogo de ópera:





PARA OS  MÁIS NOVOS


- 🎬 “As miñas primeiras letras galegas” de “Os Bolechas”

Vídeos patrocinados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que se basean na colección de libros "As miñas primeiras Letras Galegas" e que abordan a vida e a obra de diferentes persoeiros a quen a Real Academia Galega lles dedicou o 17 de maio.





- 🐟 “Peque peixe”: para coñecer o mar

É unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinada a formar os nenos e nenas de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego.




- 🔇🎶 “Radio Picariña”

Unha fermosísima ferramenta integrada na marca Xabarín, que pon a disposición dos usuarios e usuarias unha selección coas mil mellores cancións en lingua galega para os máis pequenos.