jueves, 30 de marzo de 2023

Seguimos a voltas coa poesía...

O Departamento de Lingua galega e Literatura propúxolles ás alumnas e aos alumnos de 3º de ESO que formasen pequenos grupos e elaborasen un caligrama. O tema elixido debía ser algo que tivesen en común, algo que unise a todo o grupo (unha afección, un sentimento, un lugar... ).

Velaquí o resultado! Así de creativos quedaron os poemas visuais. Así de ben loce a unión de poesía e debuxo.

Temos grandes artistas no centro! 😻









martes, 21 de marzo de 2023

Día da Poesía, 21 de marzo






O Día Mundial da Poesía, que se celebra cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e da identidade lingüísticas da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.

Para esta ocasión, o alumnado de 2º da ESO estivo a reflexionar, na clase de Lingua Castelá, sobre o significado do propio termo "poesía", dando lugar a estes acrósticos tan creativos.

Aproveitamos para compartir o recitado do poema de Ramón Cabanillas "Ás miñas costas calada", feito polo EDLG do IES Perdouro.


viernes, 17 de marzo de 2023

RECEITARIO DE OUTONO

 

Velaquí o resultado do traballo conxunto de todo o alumnado do centro. O EDLG e o Equipo de Biblioteca agradecemos, especialmente, a colaboración das familias e agardamos que sexa do voso agrado.

VOA VIAXE CULINARIA!!😋

Receitario I

Receitario II

Receitario III



jueves, 16 de marzo de 2023

DÍA DAS MATEMÁTICAS



O 14 de marzo celébrase o Día Internacional das Matemáticas, unha data para darlle a esta importante disciplina o lugar que lle corresponde no mundo.

E esta semana descubrimos, gracias ao Departamento de Matemáticas, que a papiroflexia son as matemáticas do papel.

Os xaponeses inventaron a papiroflexia fai máis de mil anos. Déronlle o nome de origami e dotáronlle de principios estéticos ligados á súa cultura. É en China onde se introduce o papel nos primeiros séculos da era cristiá e chega a Xapón no século VI d.C.; co papel fixo a súa aparición a papiroflexia, á que podemos considerar como unha arte, unha ciencia e un entretemento, e de aí a súa importancia na aprendizaxe das matemáticas como estimulante da actividade cerebral.

A relación entre ambas disciplinas é bidireccional: por unha banda, artistas de origami de todo o mundo utilizan métodos matemáticos para deseñar as súas figuras de papel. E non soamente para deseñar obxectos matemáticos tales como poliedros, senón que tamén se aplican para deseñar todo tipo de mamíferos, obxectos, insectos, etcétera. A explosión de creatividade que experimentou a papiroflexia nas últimas décadas débese, entre outras cousas, á aplicación de métodos matemáticos de deseño.

Doutra banda, a papiroflexia tamén foi fonte de inspiración para as matemáticas e para a enxeñería. Hoxe en día as técnicas de origami aplícanse con éxito ao deseño de estruturas que se pregan e despregan de forma eficiente, tales como airbags de coches, paneis solares de telescopios (deben viaxar encartados para despois despregarse de maneira segura e eficiente no espazo), e mesmo stents (microtubos que se introducen en arterias ou outros condutos obstruidos do corpo humano para despois alargarse).





lunes, 13 de marzo de 2023

Así vivimos o Entroido

Un ano máis neste centro celebrouse o Entroido, un día sen libros e sen estudo, un día de moita festa, disfraces fermosos… En fin, un día cheo de música, cores e diversión. Ano tras ano celébrase o pasarrúas para mostrar os disfraces á vila enteira, e tras dous anos de pandemia púidose retomar esta fermosa tradición. Tras o pasarrúas, os integrantes de Amarai deleitáronnos cunha espectacular actuación co seu disfrace de carrusel. Despois desta actuación, entramos todos ao pavillón. A dinámica deste ano foi a seguinte: os rapaces e rapazas de Infantil e Primaria amosáronnos mellor os seus disfraces dando unha volta ao redor do pavillón e os rapaces e rapazas da ESO tamén fixeron esa volta e finalizaron as súas voltas cun baile. 

                                                                         Aldara Mosquera (2º ESO)




jueves, 9 de marzo de 2023

NOVOS XOGOS NA BIBLIOTECA!!

 Non sabes a que xogar nos recreos, sobre todo, cando chove? PREGUNTA NA BIBLIO polos novos xogos: crean adición!!






miércoles, 8 de marzo de 2023

MULLERES EXCELENTES

 Hoxe é o día das mulleres valentes, loitadoras e fortes; das mulleres que ensinan, coidan, traballan e xogan; das mulleres que sempre están aí cando máis as necesitamos e que cun sorriso nos alegran o día; é o día das MULLERES EXCELENTES. E non o dicimos nós, senón o noso alumnado, que elaborou certificacións para as mulleres excelentes que son referentes na súa vida. Grazas pola colaboración! 💜💪🥇








viernes, 3 de marzo de 2023

Novidades

 NOVIDADES! 

Se che interesa algún destes títulos, pásate pola biblioteca.

Por certo, no noso cole, temos a sorte de contar coa autora dunha destas obras. Sabes quen é?