viernes, 24 de febrero de 2023

GAÑADORAS DO CONCURSO DE ANTEFACES 2023


 


AS GAÑADORAS DO CONCURSO DE ANTEFACES 2023 SON AS SEGUINTES:


1º PREMIO: MARÍA LOIS QUINTELA

2º PREMIO: LUCÍA VIDAL ARES

3º PREMIO:ALDARA MOSQUERA CARRIL

PARABÉNS!!














jueves, 16 de febrero de 2023

Rosalía en rede

 

O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía e, para conmemorar esta data, o EDLG e o Equipo de Biblioteca convocan o concurso “Rosalía en rede”.

BASES DO CONCURSO:

  1. Poderá participar todo o alumnado da ESO, individualmente ou en grupo (como máximo tres persoas).
  2. Trátase de facer un vídeo ameno e informal, dunha duración máxima de 2 minutos, sobre a escritora galega. O vídeo deberá ter as seguintes características:

a.      Recollerá información da escritora Rosalía de Castro (biografía, obras…).

b.      A lingua empregada será o galego.

c.      Poderán presentarse os vídeos ata o día 13 de marzo , e serán compartidos co Drive da biblioteca (biblioteca.boimorto@gmail.com).

d.      O xurado estará composto polos membros do EDLG e o Equipo de Biblioteca.

e.      Haberá  tres premios (1º, 2º e 3º). Serán tres vales para a libraría Papeliños, de diferentes contías.

f.       Ao participar os concursantes dan o seu consentemento para a publicación dos seus vídeos na páxina web do centro, no blog da biblioteca e nas RR SS da mesma.


Para inspirarvos podedes visionar os seguintes vídeos; un sobre a vida e obra de Rosalía, e outro sobre unha coñecida escritora feito por Patricia Fernández.



 

@patriciafedz 171 años del nacimiento de Bazán bro #emiliapardobazan #rae #galicia #literatura #storytime #biografia #kant #descartes ♬ original sound - Patricia Fernández 🌙

miércoles, 15 de febrero de 2023

O día do amor e da amizade

 


Aquí vos deixamos todas as fotos deste día, no que cantamos e posamos como auténticos modelos. Se alguén quere algunha foto do fhotocall, pode enviar un correo á bibioteca ou ben falar coas profesoras do Equipo de Biblioteca.



E así de vistoso quedou o noso mural, que acompañamos coa seguinte cita de Antoine de Saint-Exupéry: "Amar non é mirarse o un ao outro; é mirar xuntos na mesma diección".










viernes, 10 de febrero de 2023

Chega o Entroido



  • Chega o Entroido e, con el, os mandatos para a semana do 13 ao 17 de febreiro. Animádevos a participar!!




  • O alumnado da ESO poderá participar no concurso de antefaces, cuxo xurado estará formado polo alumnado de Educación Primaria e o profesorado.


  Bo Entroido!!🎊