jueves, 16 de febrero de 2023

Rosalía en rede

 

O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía e, para conmemorar esta data, o EDLG e o Equipo de Biblioteca convocan o concurso “Rosalía en rede”.

BASES DO CONCURSO:

  1. Poderá participar todo o alumnado da ESO, individualmente ou en grupo (como máximo tres persoas).
  2. Trátase de facer un vídeo ameno e informal, dunha duración máxima de 2 minutos, sobre a escritora galega. O vídeo deberá ter as seguintes características:

a.      Recollerá información da escritora Rosalía de Castro (biografía, obras…).

b.      A lingua empregada será o galego.

c.      Poderán presentarse os vídeos ata o día 13 de marzo , e serán compartidos co Drive da biblioteca (biblioteca.boimorto@gmail.com).

d.      O xurado estará composto polos membros do EDLG e o Equipo de Biblioteca.

e.      Haberá  tres premios (1º, 2º e 3º). Serán tres vales para a libraría Papeliños, de diferentes contías.

f.       Ao participar os concursantes dan o seu consentemento para a publicación dos seus vídeos na páxina web do centro, no blog da biblioteca e nas RR SS da mesma.


Para inspirarvos podedes visionar os seguintes vídeos; un sobre a vida e obra de Rosalía, e outro sobre unha coñecida escritora feito por Patricia Fernández.



 

@patriciafedz 171 años del nacimiento de Bazán bro #emiliapardobazan #rae #galicia #literatura #storytime #biografia #kant #descartes ♬ original sound - Patricia Fernández 🌙

No hay comentarios:

Publicar un comentario