miércoles, 27 de marzo de 2019

O ENTROIDO DE CANARIAS NON FOI, PERO O DE AQUÍ TAMÉN MOLOU!


Comezamos a semana coa boa tradición de seguir as ordes do meco. O martes trouxemos os zapatos nos pés, pero non de xeito común, senón un de cada tipo en cada pé.


O mércores o meco ordenou traer nos pés as zapatillas da casa.  O xoves seguimos a tradición, levantándonos da cama e vindo do mesmo xeito no que durmimos: co pixama!!!


Rematamos a semana co noso famoso festival de Entroido, ao que case todos acudimos disfrazados. Cando chegamos ao colexio preparamos os últimos detalles para saír polas rúas do pobo. No parque da vila  amosámoslles a todos os que nos acompañaban os nosos disfraces e os nosos bailes. Alí perdimos a vergoña toda!! Despois de tanto bailar, recargamos forzas comendo no comedor os produtos típicos do entroido. Ai meu Deus, que rico estaba todo, non tivemos máis opción que empacharnos a filloas e a orellas... A continuación tedes unha galería de imaxes tomadas durante a xornada.