miércoles, 23 de enero de 2019

FESTIVAL DE NADAL

Como todos os anos o Festival de Nadal o celebramos o último día de clase antes das vacacións. O Equipo de Biblioteca e EDNL colaborou na decoración do centro coa axuda de todo o alumnado.
Entre as diferentes actuacións: panxoliñas, bailes, etc., destacamos a aportación de 1º de ESO que leu un poema que fala da tolerancia.  Deixamos algunhas imaxes da decoración do centro nesta festividade.


domingo, 20 de enero de 2019

ALMANAQUE 2019

Este ano o noso almanaque contou coa colaboración de toda a Comunidade Educativa que, baixo a temática da diversidade, quixo reflexar que a natureza é un exemplo da diversidade do mundo.



LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

Igual que todos os anos, a Biblioteca e o equipo de Dinamización Lingüística, realizaron unha selección de lecturas que recomendaron ás familias para o Nadal.





jueves, 10 de enero de 2019

"A FRONTEIRA INFINDA"

"A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración" é o título  da exposición que fomos visitar, o pasado 11 de decembro, o alumnado de 1º e 3º de ESO á fundación ABANCA de Ferrol. Esta exposición trataba sobre as creacións de diferentes pintores galegos no exilio e como condicionou esta experiencia a súa obra. Puidemos analizar obras de autores de diferentes características como Castelao, Luis Seoane ou Isaac Díaz Pardo.
A visita resultou moi instrutiva xa que a través de pistas tiñamos que construir o contexto do autor, identificar a súa obre e analizala. Na imaxe vese a un dos grupos analizando a súa documentación.


NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro sabedes que se conmemora o "DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO". Este ano decidimos traballalo nas titorías e para recordar a todas as vítimas colocamos uns lazos da cor que identifica esta causa. Por este motivo tamén empregamos esta  cor na redacción. 
Deixamos o enlace a unha canción que nos axuda a recordar que todavía temos moito traballo que facer nesta liña e a un par de imaxes dos nosos lazos reivindicativos.