miércoles, 31 de mayo de 2023

Información turística








En colaboración co Departamento de Lingua Castelá, o alumnado de 3º da ESO elaborou unha serie de folletos turísticos de Boimorto e a súa contorna. Coñeces a beleza destas paisaxes?


Hecho con Padlet

martes, 30 de mayo de 2023

Última xornada coas colaboradoras

 Hoxe tivemos a última xornada coas colaboradoras da biblioteca e quixemos agasallalas cun aperitivo. Moitas grazas, rapazas!! Sen vós, non sería o mesmo. Esperamos que repitades para o curso que vén. 😍📚






viernes, 26 de mayo de 2023

Mes contra o Acoso Escolar



O 2 de maio celébrase o Día Mundial contra o Acoso Escolar. O alumnado de 2º da ESO, en colaboración co Departamento de Lingua Castelá, elaborou carteis para concienciar aos seus compañeiros sobre a importancia de respectar aos demais ante unha problemática tan latente na sociedade actual.

A esta actividade sumarase o alumnado de 4º de ESO nestas semanas.


Hecho con Padlet

jueves, 18 de mayo de 2023

Día das Letras Galegas

Como cada 17 de maio, festexamos o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, o xoves 18 de maio, tivemos a sorte de contar coa presencia de Vero Rilo, co seu espectáculo para todo o alumnado do centro. Ademáis, a xornada estivo amenizada por varias alumnas de 2º da ESO, que nos deleitaron con baile e música tradicionais.

















 



O mércores 24, haberá un obradoiro poético con Rosalía Fernández Rial para o alumnado de 2º ciclo da ESO.

A traxectoria de Rosalía Fernández Rial (Costa da Morte, 1988) está marcada polo seu carácter disciplinar. É filóloga, doutora en didáctica das linguas e da expresión dramática pola USC e performer. Mais, sobre todo, e desde moi nova, dedícase á escrita. 

Poema "A reflexión", dentro do poemario Árbores no deserto, ed. Galaxia, 2020


                    A REFLEXIÓN

                    Detrás do espello

                    todas eramos a mesma muller,

                    núa,

                    interrogativa,

                    reclamándolle respostas

                    á realidade.

                    Ninguén vai chamar por nós?

                    Ninguén —silencio—.

                    Porque sodes a mesma muller sen rostro,

                    sen nome.

                    E se nos creamos?

                    Que cada unha

                    se debuxe da forma que queira.

                    E foi así como demos a luz

                    os nosos lenzos,

                    soñando pincel,

                    imaxinando cores,

                    a grande escala.

                    Foi así como

                    comezamos a parirnos...

                    Ata nacer

                    entre os marcos ceibes

                    da fantasía feminina.

                    Así hoxe vexo,

                    nos seus ollos,

                    que o teu retrato

                    son eu.

Este poema é un grito contra o esquecemento de mulleres que sentaron as bases do pensamento feminista actual. Mulleres fortes e valentes que alzaron e alzan a súa voz contra o machismo e que, hoxe, son referentes. Mulleres coma Sojourner Truth, Flora Tristán, Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Emma Goldmann, Virginia Woolf, Clara Campoamor, María Zambrano, Simone de Beauvoir, Kate Millet e Malala, están presentes nesta orixinal publicación.





viernes, 5 de mayo de 2023

Semana do Libro

 🧡📗🧡 

Durante a semana do 24 ao 28 de abril, leváronse a cabo diversas actividades, con motivo do Día do Libro.

  •  En Educación Primaria, houbo na Hora de Ler contacontos na biblioteca, organizados polo alumnado de 5º e 6º. O luns 24 tiveron a oportunidade de ter un encontro coa autora de Aurora condutora e Dragoncín cantarín, Susana Barja, profe de Infantil no noso centro. Ademais, o alumnado de EI elaborou un conto e narróullelo aos seus compañeiros de EP.




 En Educación Secundaria :

  • Os colaboradores da biblioteca foron ás clases de Educación Primaria e realizaron as seguintes tarefas con eles:
    • Léronlle ao alumnado de 1º e 2º de EP o conto Vivan as uñas de cores e despois pintáronlles as uñas a todos os que así o quixeron, como o protagonista do conto.




    • En 3º e 4º de EP  recitaron varios poemas, inspirados en contos tradicionais, do libro de Ana Mª Fernández, A casa de había unha vez, e pedíronlles aos alumnos que ilustrasen un deles.


    • Cos alumnos de 5º e 6º de EP elaboraron un mini libro.

  • O alumnado de 3º ESO volveuse booktuber e recomendou algún libro para a clase de Lingua Castelá.

    Hecho con Padlet


Outras actividades:

  • Exposición "Libros que se deixan ler" para achegar ao profesorado algúns dos títulos dos que dispoñemos na nosa biblioteca.


  • Adquisición de novos xogos e suxestións feitas, principalmente, polo alumnado do centro: