viernes, 23 de febrero de 2024

As mensaxeiras do benquerer

Hoxe, as mensaxeiras do Benquerer estiveron a repartir as mensaxes que escribistes estes días. Encantounos ver as caras de ledicia ao recibir tan boas novas. Grazas por participar!!



viernes, 16 de febrero de 2024

Entroidamos?

 


O alumnado de 1º e 3º da ESO participou no concurso de antefaces e carautas respectivamente, grazas á colaboración do Departamento de EPV. Ambos grupos optaron a un premio á mellor creación. Foi o alumnado de Educación Infantil e Primaria o encargado de elexir aos mellores.
















jueves, 8 de febrero de 2024

Colaborando na biblioteca...

 Esta semana os nosos colaboradores fixeron unha parada para coller folgos. Aproveitamos que estamos nas portas do Entroido para degustar as súas sobremesas.

Moitas grazas pola vosa dedicación e traballo!! Sodes fantásticos!!💕





viernes, 2 de febrero de 2024

MANDATOS DO BURRO

Xa está aquí o Entroido e, con el, os mandatos do Burro, elaborados polo alumnado de 4º de ESO. Aínda que as ordes poidan ser acumulativas, chega con seguilas día a día. Animádevos a participar!