lunes, 27 de noviembre de 2023

25N. Se pegas e berras, aquí non pintas nada


Con esta mensaxe tan significativa fixo un mural o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

SE BERRAS E PEGAS, AQUÍ NON PINTAS NADA.


Os colaboradores de 6º de EP repartiron laciños entre o alumnado e o profesorado.



Parte do alumnado de 3º da ESO estivo a investigar que películas pasaban o Test de Bechdel, un método que avalía a brecha de xénero existente na ficción que consumimos.

 




 

jueves, 23 de noviembre de 2023

Mobilizando a lectura


Nalgunhas aulas de Educación Infantil e Educación Primaria xa están a desfrutar dos carriños de lectura.







 

jueves, 16 de noviembre de 2023

FAMILIArízate coa biblioteca

 Unha das novidades deste curso é a apertura da biblioteca para as familias, polo que cremos importante compartir a seguinte información con respecto á  vosa presenza na biblioteca.

  • As persoas interesadas podedes facervos socias e obter o carné lector, acudindo á biblioteca ou mandando un correo ao seguinte enderezo: biblioteca.boimorto@gmail.com. Especificade no asunto: Alta de usuario.

  • As familias teredes acceso á biblioteca, para préstamos e devolucións, durante os recreos de Educación Primaria (de 11: 10 a 11:40) e da ESO (de 12:00 a 12:30).

  • Co carné lector accededes ao servizo de préstamo nas seguintes condicións:

                    - Podedes levar para a casa 3 exemplares (libros, DVDs ou xogos).
                    - O período máximo de préstamo é de 20 días para os libros, e unha semana para DVDs                     e xogos.
                    - O prazo pode ampliarse renovando o período de préstamo outros 20 días ou outra                                 semana. Pódese renovar polos seguintes medios:
                                    . Acudir á biblioteca.
                                    . A través do/a neno/a (debe traer anotado o número de carné e otítulo do libro,                                         do DVD ou o nome do xogo).
                                     . Enviar un correo ao enderezo la biblioteca (biblioteca.boimorto@gmail.com)                                         indicando o número de lector e o título do libro, do DVD ou o nome do xogo.                                         No asunto debe constar que é para a ampliación do período de préstamo.
  • Estamos a planificar actividades nas que poidades participar activamente. Para iso necesitamos que cubrades o seguinte cuestionario. Para acceder a el tedes que escanear o seguinte código QR:

  • Todo o que facemos atoparédelo no blog da biblioteca: https://aventurasnabiblio.blogspot.com/ . Estamos, tamén, nas seguintes RRSS: Instagram, Facebook e Tiktok (usuario: biblioteca.boimorto/bibliotecaboimorto).

  • Estamos abertos a calquera suxestión, en canto á compra de material, propostas de actividades, melloras ... Todo o que se vos ocorra, facédenolo chegar por correo electrónico (biblioteca.boimorto@gmail.com).


Moitas grazas pola vosa atención e colaboración.

sábado, 4 de noviembre de 2023

Celebramos o Samaín

Na semana do Samaín non só decoramos o centro e recomendamos lecturas. Os nosos colaboradores de Educación Primaria fixeron obradoiros para crear seres monstruosos. Velaquí o resultado:

  • Obradoiros organizados polos colaboradores de Educación Primaria:

  • Recuncho de lecturas terroríficas e o mural "Pintamos con palabras o Samaín?"


  • Decoración en Educación Primaria e Educación Infantil:




  • Exposición de cabazas: