lunes, 30 de enero de 2023

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia e, por suposto, desde a biblioteca queremos sumarnos ás conmemoracións.
  • Na ESO plantamos unha árbore de mans pola PAZ:







  • No corredor presentamos as lecturas para a paz:




  • En EP e EI elaboraron un mural con diversas pombas da paz.




  • Fixemos unha selección de lecturas e curtametraxes sobre a paz, para o alumnado da ESO.


lunes, 23 de enero de 2023

Día da Ilustración


Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración

Este ano a homenaxeada é María Antonia Dans. María Antonia Dans Boado naceu en Oza dos Ríos, pero axiña a súa familia se trasladou a Curtis. Tras casar, trasladouse a principios dos anos 50 a Madrid, onde viviu o resto da súa vida e asistiu ás clases do Círculo de Belas Artes e á Escola de San Fernando. Comezou a expor en 1950 na Coruña e en Madrid fíxoo por primeira vez en 1953. Desde entón a súa obra percorreu toda España e numerosos países estranxeiros. Foi pintora, entre outros, de temas populares galegos cunha profunda conciencia de xénero. Para acercarnos á súa obra, fixemos unha pequena exposición nas escaleiras.