Día da Ilustración
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración.
Este ano a homenaxeada é María Antonia Dans. María Antonia Dans Boado naceu en Oza dos Ríos, pero axiña a súa familia se trasladou a Curtis. Tras casar, trasladouse a principios dos anos 50 a Madrid, onde viviu o resto da súa vida e asistiu ás clases do Círculo de Belas Artes e á Escola de San Fernando. Comezou a expor en 1950 na Coruña e en Madrid fíxoo por primeira vez en 1953. Desde entón a súa obra percorreu toda España e numerosos países estranxeiros. Foi pintora, entre outros, de temas populares galegos cunha profunda conciencia de xénero. Para acercarnos á súa obra, fixemos unha pequena exposición nas escaleiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario