lunes, 20 de diciembre de 2021

LIBROS NO NADAL PARA TODAS AS IDADES.

Lecturas en galego e en castelán para todos os niveis e tamén uns libros de receitas para cociñar en familia. 

Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro. (Emily Dickinson)





 BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!

Deixámosvos un vídeo coa decoración de Nadal do noso centro. Esperamos que vos guste.



jueves, 11 de noviembre de 2021

lunes, 8 de noviembre de 2021

 CONCURSO SAMAÍN 2021

Aquí tedes a lista de gañadoras/es. Entregaranse os premios ao longo desta semana.


 
E tamén vos deixamos este vídeo dos traballos dos nenos e nenas de Ed. Infantil e Primaria que participaron de forma voluntaria:







martes, 2 de noviembre de 2021

 Aquí tedes as fotos de Samaín de todo o alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria que se animaron a disfrazarse. Moi ben rapaces e rapazas!

Tamén podedes ver a decoración das portas de Ed. Infantil e Primaria facendo referencia a varios libros moi axeitados para a ocasión; sen esquecer os libro que meten medo para Educación Secundaria.





jueves, 7 de octubre de 2021

miércoles, 6 de octubre de 2021

 CURSO 2021-2022

Dámosvos a benvida cun fermoso poema de Carlos Rivero Troncoso, na voz de Xabier Díaz e Guadi Gallego, acompañados polos músicos Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero

TEU NOME POR MAR E TERRA





jueves, 24 de junio de 2021

Videopoemas 4º de ESO

Dende o Departamento de Lingua castelá, compartimos os fantásticos videopoemas que crearon os artistas audiovisuais de 4º ESO. Todos os traballos teñen unha excelente calidade, así que esperamos que vos gusten e que os disfrutedes!


 

Hecho con Padlet

jueves, 15 de abril de 2021

 En abril, libros mil!



DÍA DO LIBRO

        Para celebrar o 23 de abril, gustaríanos que nos recomendásedes algún libro. Animádevos a participar, engandindo aquí un comentario daquela lectura que vos fixo soñar, viaxar a outros mundos, crecer e aprender a ser mellor persoa.

viernes, 12 de marzo de 2021

 8 DE MARZO

DIA DA MULLER

"Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino". Rosalía de Castro


Decoramos a porta principal coas mans feitas por todo o alumnado de Ed. Infantil e Primaria: UN GRAN TRABALLO!!!



Alumnado de 5º/6º de Ed. Primaria, de 1º e 2º de ESO participou neste vídeo: todos e todas están XENIAIS!!!!