domingo, 17 de febrero de 2019

ACTIVIDADE PARA O DÍA DOS NAMORADOS

Este ano para festexar o Día dos Namorados realizamos a actividade "Dillo con versos". Desta forma, aproveitamos a efeméride para que o alumnado ou profesorado que tivese algo que dicir o fixese a través dun poema.
Da entrega dos poemas encargáronse as "nosas cupido" particulares, Yolanda e Teresa. Deixamos imaxes da actividade.


PELOS NA LINGUA

O título desta entrada é "PELOS NA LINGUA", título da obra de teatro que o alumnado de 1º e 2 de ESO fomos ver o pasado 12 de febreiro ao Salón Teatro de Santiago de Compostela.
A obra trata a situación da lingua galega na actualidade dunha forma crítica e en clave de humor.
Enlazamos o trailer á mesma!!!


martes, 5 de febrero de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado 30 de xaneiro conmemorouse o  "Día Internacional da non violencia e a paz". No noso caso traballámolo ao longo de toda a semana e, como no noso país, non hai tanto, sufrimos unha Guerra Civil, pensamos que tiñamos que escoitar experiencias reais da nosa contorna que nos fixeran reflexionar sobre as consecuencias dun conflicto desta magnitude.
Así que comezamos as actividades invitando ao noso alumnado a que entrevistara aos maiores da casa, ou veciñanza, para que lles relataran as súas experiencias na guerra ou posguerra. Temos que dicir que fixeron un traballo espectacular!!!! 
Ao mesmo tempo, ao longo da semana, entre todos os membros do centro elaboramos un mural que presidira a entrada ao colexio. 
Finalmente, o venres tivemos a actividade central da efeméride cun encontro con dous veciños, Matilde e Manuel,  que aceptaron a invitación do centro para compartir as súas vivencias na posguerra. A conclusión á que chegamos foi moi clara, ninguén desexa unha guerra e nunca debe de ser a solución a un conflicto,  e as súas consecuencias son devastadoras: dor, fame, medo... 
Deixamos algunha imaxes tomadas durante a semana das diferentes actividades.