jueves, 26 de octubre de 2023

Xornada de portas abertas na biblioteca



Con motivo do Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, fixemos unhas xornadas de portas abertas para as familias, tanto nos recreos de Educación Primaria coma da ESO.

Invitamos ás familias a visitar a biblioteca do centro e coñecela, obter o carné de socios e, incluso, compartir un tempo de lecer coa rapazada.




Aproveitamos para elaborar a seguinte guía para as familias:





 Agradecemos a implicación das familias nesta actividade.

lunes, 23 de octubre de 2023

24 de outubro, Día das Bibliotecas

 


Este 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas coas xornadas de portas abertas ás familias. Esperámosvos!!

Aproveitamos para compartir algunhas frases sobre a importancia destes espacios:


«En certo sentido, todos os lectores levamos dentro íntimas bibliotecas clandestinas de palabras que nos deixaron pegada».
«Reunir todos os libros existentes é outro xeito –simbólico, mental, pacífico– de posuír o mundo. 
A paixón do coleccionista de libros parécese á do viaxeiro. Unha biblioteca é unha viaxe; un libro é un pasaporte sen caducidade».

(VALLEJO, Irene, O infinito nun xunco. A invención dos libros no mundo antigo,  Xerais, Vigo, 2021, páx. 37)




“A biblioteca é o meu refuxio. Alí podo perderme entre as páxinas dos libros e atopar respostas a preguntas que nin sequera sabía que tiña." 

Tokio Blues (coñecida tamén como Norwegian Wood)





«A miña avoa sempre dicía que Deus fixo as bibliotecas para que a xente non tivese ningunha escusa para ser estúpida»

(Joan Bauer)
https://www.julianmarquina.es/geniales-frases-celebres-revisadas-sobre-bibliotecas-libros-y-lectura/



«Podemos sentarnos na nosa biblioteca e aínda así estar en todos os recunchos da terra»

 (John Lubbock)
https://universoabierto.org/2019/11/01/podemos-sentarnos-en-nuestra-biblioteca-y-sin-embargo-estar-en-todos-los-rincones-de-la-tierra/




Familias pintoras, cabazas decoran

 Animádesvos a participar na actividade "Familias pintoras, cabazas decoran"?

O xoves, 2 de novembro, enviaránse de volta as cabazas.

Moitas grazas!!



jueves, 19 de octubre de 2023

Mochilas viaxeiras


Hoxe poñemos en marcha as mochilas viaxeiras, que sairán cara ás casas dos nenos e das nenas de Educación Infantil e Primaria.  

Esta actividade, promovida polo Equipo da Biblioteca, pretende unha maior implicación familiar no proceso lector do alumnado dende unha perspectiva lúdica: sacar a biblioteca fóra do centro e levala ata os fogares. Incluímos diferentes materiais e soportes para dar unha visión máis completa da biblioteca como centro de recursos, que alberga diferentes tipos de documentos en distintos formatos.

Estes materiais van acompañados dunha nota explicativa do seu uso e dunha lista dos materiais incluídos. Tamén dun diario de lectura onde, a través de palabras, debuxos ou fotos, o alumnado e/ou as familias, xustificarán que foi o que máis lles gustou.

Agardamos que vos gusten todas as ideas que vos presentamos. Grazas, familias, pola vosa colaboración!






 

lunes, 16 de octubre de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS 2023




Hoxe, 16 de outubro é o Día das Escritoras.

O é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, conta coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.


Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VIII Edición celébrase este ano 2023  o 16 de outubro. 
 
"Nesta edición o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio". 
 
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas 


  •  TEXTOS SELECCIONADOS POR  MARTA SANZ
  •  SELECCIÓN DE TEXTOS DE ESCRITORAS GALEGAS (Colaboración de Xosé Mª Lores)



  • viernes, 13 de octubre de 2023

    Formación de usuarios

    Comezamos o mes de outubro e, con el, a actividade na nosa biblioteca. Estes primeiros días tivemos as sesións de formación de usuarios, tanto na Educación Primaria coma na ESO. 

    Presentamos, tamén, o tema da biblioteca deste curso: E ti, que pintas? e aproveitamos para reflexionar sobre el.

    A continuación deixámosvos as guías de usuario das diferentes etapas, xunto con algunha foto das xornadas de formación.