viernes, 19 de abril de 2024

Libros solidarios



 Na Semana do Libro, levaremos a cabo unha iniciativa solidaria. Faremos unha recollida de alimentos non perecedoiros. Contaremos coa colaboración de Asuntos Sociais do Concello de Boimorto, que será o encargado da repartición dos alimentos recollidos. Na entrada do centro haberá libros que se poden coller, a cambio dun alimento, que se depositará na caixa correspondente. 

martes, 16 de abril de 2024

Pintamos coas cores da pel?

 




No segundo trimestre estivemos traballando  a Educación para a Diversidade e a Convivencia Intercultural, co motivo do Día da Paz e da Non Violencia. Para iso, reflexionamos e dialogamos sobre as  diferentes cores da pel. Serviunos para entender a diversidade como un elemento enriquecedor e favorecer a tolerancia e o respecto entre iguais. Como froito dese traballo o alumnado fixo un quitasueños e un mural relacionado co tema, que se amosa na biblioteca e na entrada do centro.



miércoles, 10 de abril de 2024

Charla sobre violencia de xénero

 




O mércores, 17 de abril, tivemos unha charla sobre violencia de xénero que non nos deixou indiferentes. Contamos coa presenza de Noelia Míguez e Patricia Calveiro, que falaron sobre o libro Ocho señales. cuestión de vida o muerte, que recolle a historia real de Noe. Puxémonos na pel da protagonista e compartimos as sensacións de Patricia. 
Estaba dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO e ás familias.






martes, 2 de abril de 2024

Suxestións lectoras

Na última Hora de Ler do segundo trimestre, o alumnado de 1º ESO desfrutou dun carriño de lectura con moitas suxestións.







viernes, 22 de marzo de 2024

Día Mundial da Poesía

O alumnado de 2º e 4º da ESO fixo, respectivamente e grazas á colaboración do Departamento de Lingua Castelá, un poema xemelgo ao de Pablo Neruda "Puedo escribir los versos más tristes esta noche". Esta foi unha das formas de achegarnos á poesía estes días.








viernes, 8 de marzo de 2024

8M

 8 M "Polas nais e polas avoas seguimos sendo loitadoras". Hoxe o mandil convértese , no noso centro, no símbolo da loita pola igualdade.



miércoles, 6 de marzo de 2024

Día Internacional da Lingua Materna


O martes, 27 de febreiro, tivemos un Encontro Multicultural e Gastonómico . Grazas á colaboración de familias e alumnado, asistimos á lectura de diversos textos nas diferentes linguas que temos no noso centro: árabe, belga, guaraní, inglés, francés, español con acento venezolano e galego.

Aproveitamos, ademais,  para probar algúns productos propios de cada cultura no recreo.

Agradecemos, especialmente, a colaboración dos participantes; sen eles non sería posible realizar a actividade. 







viernes, 1 de marzo de 2024

Rosalía latexa



O 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro. Nas portas de 5º e 6º de EP locía así de marabillosa.
A nosa Rosalía repartíu poemas e lambetadas nos recreos. Ademais, no recreo de EI e EP puideron facer algún crebacabezas sobre a autora.






 




viernes, 23 de febrero de 2024

As mensaxeiras do benquerer

Hoxe, as mensaxeiras do Benquerer estiveron a repartir as mensaxes que escribistes estes días. Encantounos ver as caras de ledicia ao recibir tan boas novas. Grazas por participar!!



viernes, 16 de febrero de 2024

Entroidamos?

 


O alumnado de 1º e 3º da ESO participou no concurso de antefaces e carautas respectivamente, grazas á colaboración do Departamento de EPV. Ambos grupos optaron a un premio á mellor creación. Foi o alumnado de Educación Infantil e Primaria o encargado de elexir aos mellores.
















jueves, 8 de febrero de 2024

Colaborando na biblioteca...

 Esta semana os nosos colaboradores fixeron unha parada para coller folgos. Aproveitamos que estamos nas portas do Entroido para degustar as súas sobremesas.

Moitas grazas pola vosa dedicación e traballo!! Sodes fantásticos!!💕