Biblioteca do CPI Cotarelo Valledor de Boimorto

domingo, 22 de junio de 2025

Revista do alumnado de Latín

O alumnado de Latín elaborou unha revista, como traballo no terceiro trimestre, sobre o mundo romano. Nela aparece información, pero tamén entretemento. Bótalle un ollo!



martes, 17 de junio de 2025

Campaña 1 quilo = 1 libro

Na última semana do curso, a biblioteca Suso de Marcos de Boimorto invita a toda a comunidade a participar na campaña solidaria "1 quilo = 1 libro", en colaboración co Concello de Boimorto. Todos os alimentos recadados serán repartidos polo servizo de Asuntos Sociais entre a xente máis necesitada do concello. Fagamos comunidade!

   















jueves, 27 de marzo de 2025

Día Mundial da Poesía

 O 21 de marzo, con motivo do Día Mundial da Poesía, o alumnado de Latín estivo a experimentar coa poesía visual. Os seus poemas invitan á reflexión.





lunes, 13 de enero de 2025

"Knolling" literarios

O alumnado de 3º e 4º da ESO realizou knolling literarios a partir dos libros de lectura obrigatoria de Lingua Castelá. Aproveitamos o seu traballo para recomendar estes libros. É unha oportunidade excelente para acercarnos a estas obras non só a través das composicións visuais, senón tamén grazas ás opinións do propio alumnado. Velaquí algunha mostra da súa creatividade.










viernes, 20 de diciembre de 2024

Menú de Nadal

  •  Decoración  de Nadal en EP e EI con portas e adornos para a nosa árbore. Na ESO fixeron unhas fermosas postais:
  • Recomendacións lectoras:
        

  • Concurso de xerseis feos de Nadal:
        






jueves, 19 de diciembre de 2024

Carriños lectores

 Estes días previos ao Nadal, os carriños lectores chegaron a 1º da ESO, da man do Departamento de Lingua Castelá. Ían cheos de libros de diversas temáticas que se atopan na bibliblioteca. Recomendacións que serven como lecturas para estas vacacións, pero tamén como propostas para a Hora de Ler.











miércoles, 27 de noviembre de 2024

  •   O 25N a rapazada de secundaria puido desfrutar dun fantástico recital teatralizado de @chevereteatro, As Fillas Bravas de Momán. Música, empoderamento e pura retranca galega xuntáronse nun maravilloso espectáculo feminista enxebre e reivindicativo. Grazas Chevere e grazas @medicosdomundogalicia por facelo posible!
        "As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai         e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir          de tras da silveira."


  • Dende Primaria e Infantil están traballando no Proxecto "Donas de si", se premedes neste link poderedes ver no seu blog todo o traballo realizado Unha marabilla! https://donasdesiboimorto.blogspot.com/

viernes, 22 de noviembre de 2024

Xornada de portas abertas para as familias

O próximo xoves, 28 de novembro, faremos unha xornada de portas abertas para amosar ás familias os cambios que realizamos na sección de Primaria. Non faltedes!! Esperámosvos ás 11:10.



 

Premios "arrepiantes"

 Algúns dos cursos premiados xa desfrutaron dos seus agasallos "arrepiantes".










miércoles, 30 de octubre de 2024