miércoles, 27 de noviembre de 2024

  •   O 25N a rapazada de secundaria puido desfrutar dun fantástico recital teatralizado de @chevereteatro, As Fillas Bravas de Momán. Música, empoderamento e pura retranca galega xuntáronse nun maravilloso espectáculo feminista enxebre e reivindicativo. Grazas Chevere e grazas @medicosdomundogalicia por facelo posible!
        "As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai         e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir          de tras da silveira."


  • Dende Primaria e Infantil están traballando no Proxecto "Donas de si", se premedes neste link poderedes ver no seu blog todo o traballo realizado Unha marabilla! https://donasdesiboimorto.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario