Con motivo do Día das Letras Galegas, puidemos disfrutar da narración oral a cargo de Cris de Caldas e de Avelino González.
O xoves 11 de maio, visitou o noso centro Cris de Caldas e contoulle á rapazada máis cativa unha serie de historias que lles fixeron entender un pouquiño mellor o mundo no que vivimos.
O martes 14 de maio tocoulle aos máis grandes do centro. Avelino González contoulles unha chea de contos de aquí e acolá, porque en Boimorto hai moito que contar!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario