miércoles, 27 de noviembre de 2024

  •   O 25N a rapazada de secundaria puido desfrutar dun fantástico recital teatralizado de @chevereteatro, As Fillas Bravas de Momán. Música, empoderamento e pura retranca galega xuntáronse nun maravilloso espectáculo feminista enxebre e reivindicativo. Grazas Chevere e grazas @medicosdomundogalicia por facelo posible!
        "As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai         e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir          de tras da silveira."


  • Dende Primaria e Infantil están traballando no Proxecto "Donas de si", se premedes neste link poderedes ver no seu blog todo o traballo realizado Unha marabilla! https://donasdesiboimorto.blogspot.com/

viernes, 22 de noviembre de 2024

Xornada de portas abertas para as familias

O próximo xoves, 28 de novembro, faremos unha xornada de portas abertas para amosar ás familias os cambios que realizamos na sección de Primaria. Non faltedes!! Esperámosvos ás 11:10.



 

Premios "arrepiantes"

 Algúns dos cursos premiados xa desfrutaron dos seus agasallos "arrepiantes".