Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas
No mes de novembro, celebramos o mes da ciencia en galego. A Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén impulsando esta celebración nas propias bibliotecas desde hai xa uns anos con diversas actividades. Este curso o manifesto co que dar visibilidade a esta conmemoración está escrito por José Manuel Castro Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC, con investigacións relacionadas co cancro.
Na biblioteca atoparás unha exposición de obras relacionadas coa ciencia, desde libros nos que aprender a facer experimentos, biografías de científicas, libros sobre física, química...; ata obras narrativas que tratan este tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario