- Decoración de Nadal en EP e EI con portas e adornos para a nosa árbore. Na ESO fixeron unhas fermosas postais:
- Recomendacións lectoras:
- Concurso de xerseis feos de Nadal:
Estes días previos ao Nadal, os carriños lectores chegaron a 1º da ESO, da man do Departamento de Lingua Castelá. Ían cheos de libros de diversas temáticas que se atopan na bibliblioteca. Recomendacións que serven como lecturas para estas vacacións, pero tamén como propostas para a Hora de Ler.
Hoxe foi un día moi especial pois celebramos a nosa primeira foliada. Tivemos unha xornada de festa e convivencia.
Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer, especialmente, a colaboración de todo o alumnado que nos axudou a levar a cabo este proxecto: dende as presentadoras do evento, pasando polos autores dos traballos expostos e o alumnado que a montou. Sen eles non sería posible. MOITAS GRAZAS!!
O 22 de maio, no recreo de Educación Primaria, houbo un taller de debuxo, impartido polo alumno da ESO Óscar Zavala. Foi todo un éxito. Moitas grazas por participar e, sobre todo, moitas grazas a ti, Òscar por levar a cabo esta iniciativa tan estupenda.
Con motivo do Día das Letras Galegas, puidemos disfrutar da narración oral a cargo de Cris de Caldas e de Avelino González.
O xoves 11 de maio, visitou o noso centro Cris de Caldas e contoulle á rapazada máis cativa unha serie de historias que lles fixeron entender un pouquiño mellor o mundo no que vivimos.
O martes 14 de maio tocoulle aos máis grandes do centro. Avelino González contoulles unha chea de contos de aquí e acolá, porque en Boimorto hai moito que contar!!